XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local adxudica a instalación do novo parque infantil de Galeras
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación do contrato de subministro e instalación de novos elementos de xogo, para o parque infantil de Galeras. Dos traballos encargarase a empresa Lappset España VR SL, e a actuación ten un orzamento de 74.141,54 euros, IVE incluído.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura o II Simposio de Biopsia Líquida
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu en San Martiño Pinario o acto de inauguración do II Simposio de Biopsia Líquida, que se celebra en Santiago este venres e mañá sábado. Uns 300 expertos e expertas de todo o Estado reúnense por segunda vez na cidade, pioneira na implantación desta técnica oncolóxica.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu en Raxoi a ministra de Cultura saharauí, Jadiya Hamdi
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi. A dirixente, que estivo acompañada do delegado saharauí para Galicia, Alali Emboiric Mohamed e de representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, está de visita oficial en Galicia, en donde está a manter contactos con diferentes respresentantes autonómicos e municipais.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela sumouse á conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto
A praza do Obradoiro acolleu minuto de silencio con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. Cumpriuse así o acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na súa sesión ordinaria do pasado 19 de xaneiro de 2017.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Irlanda, mercado que logrou novos máximos no 2016
Turismo de Santiago participa esta fin de semana na Holiday World Show, a principal feira turística do mercado irlandés, un mercado que está tendo un crecemento constante na cidade nos últimos anos, tanto en número de persoas que fan o Camiño de Santiago como en turistas que visitan a cidade para short breaks, aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.
BENESTAR ANIMAL
A Deputación da Coruña achega case 30.000 euros para o Refuxio de Animais
A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, e o deputado provincial de Obras e Medio Ambiente, José Manuel Pequeño, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a Deputación fai unha achega de 28.680 euros para cofinanciar os gastos da Fundación Refuxio de Animais.