DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello pon a disposición das familias 100 novos composteiros caseiros e un comunitario
O Concello de Santiago, en colaboración con Adega, abre unha nova convocatoria de compostaxe caseira. Súmanse outros 100 composteiros aos 506 xa existentes e un novo composteiro comunitario que se situará a carón das hortas de Fontiñas, complementando así o xa existente nas hortas de Belvís.
DEPORTES
Uns 150 tiradores competirán na novena edición do Open Compos de esgrima
O pavillón de Pontepedriña acollerá este sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro, a IX edición do Open Compos de esgrima, organizado pola Asociación Compostela Esgrima. O Concello colabora un ano máis con este torneo, un dos máis atractivos do calendario da esgrima nacional.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Santiago participará con outros oito concellos nunha nova convocatoria do Club de Debate
Por cuarto ano consecutivo, varios concellos galegos –entre eles o de Santiago de Compostela- a través dos seus servizos de normalización lingüística,poñen o marcha o Club de Debate, un programa co que se incentiva e valora o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Os representantes dos concellos que fan posible este programa de dinamización lingüística asinaron en Carballo a addenda ao protocolo de colaboración co que se organiza este proxecto dende o curso 2011-2012.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello acondiciona a praza a carón da igrexa de San Andrés de Barciela
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras de acondicionamento da praza pública anexa á igrexa de San Andrés de Barciela. Nesta actuación investíronse 15.602 euros.
CULTURA
Triple concerto de músicos galegos para inaugurar o ciclo Blues Nite by 1906 en 2015
O Blues Nite by 1906 arranca neste 2015 cunha tripla proposta de blues feito en Galicia. Tres músicos experimentados como Víctor Aneiros, Pardo e Piti Sanz presentan os seus novos proxectos nunha noite especial de blues.