EDUCACIÓN
Nenos do Raíña Fabiola coñecerán Segovia dentro do programa pedagóxico para escolares das Cidades Patrimonio
Hoxe póñense en marcha as viaxes de escolares dentro da "Aula de Patrimonio", o programa pedagóxico do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que participan preto de 400 alumnos de sexto de primaria e de secundaria.
MERCADOS
A concelleira de Mercados comprobou in situ as melloras realizadas no recinto de Amio
A edil de Mercados, Reyes Leis, visitou o recinto feiral de Amio acompañada do xerente, Luis Suárez Llanos, para comprobar de primeira man as obras realizadas pola empresa concesionaria.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A exposición do Ateneo visita o CSC das Fontiñas
Trátase dunha selección de fotografías captadas nas rúas de Compostela entre o nacemento da moderna fotografia, a mediados do seculo XIX, e 1965. A mostra forma parte do proxecto Compostela Única no que participaron varias entidades, asociación e persoas moi diversas. O concelleiro Francisco Noya asistiu á presentación da exposición no CSC das Fontiñas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comezan as actividades do Ciclo de Teatro Comunitario no Centro Sociocultural de Santa Marta
Asistiu o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, que un ano máis colabora coa Comisión cultural da Facultade de CC da Educación no desenvolvemento deste ciclo.
TURISMO
Dezasete restaurantes participan na Festa Gastronómica da Uña
A Festa Gastronómica da Uña celébrase no barrio de San Lázaro entre o cinco e o sete de abril. Toda a información sobre os establecementos participantes está dispoñible na web de Turismo de Santiago www.semanasantasantiago.com.
ÁREA DE DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Iníciase o proceso para a adxudicación do servizo da cafetería do parque Eugenio Granell
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbanos Sostible, María Pardo, anunciou que a Xunta de Goberno dará este xoves o visto bo ao inicio da contratación do servizo de explotación da cafetería do Parque Eugenio Granell. Nun par de meses estará adxudicado e haberá un mes máis de prazo para que a concesionaria poida poñelo en funcionamento.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Cita co programa Imos ao Baile o próximo sábado 5 de abril
Comeza o mes de abril cunha nova cita co programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polas Concellarías de Centros Socioculturais e de Participación Cidadá.
XUVENTUDE
A concelleira de Xuventude participa no obradoiro de calceta organizado polo seu departamento
A concelleira Rebeca Domínguez asistiu ao curso de calceta, unha das técnicas de formación tradicional que se oferta no programa de novas accións formativas organizado pola Concellería de Xuventude.