PLENO
O Pleno aproba inicialmente as ordenanzas fiscais para 2015, que establecen unha rebaixa xeral de impostos para os composteláns
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente, cos votos favorables de PP e PSdeG-PSOE e a abstención do BNG a modificación das ordenanzas fiscais para 2015. Acométese deste xeito unha rebaixa xeneralizada de impostos aos cidadáns de Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que os orzamentos da Xunta recollen "os proxectos necesarios, comprometidos e urxentes da cidade"
Un día despois de coñecerse os orzamentos da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago analizou as consignacións para a cidade. Agustín Hernández declarouse "satisfeito" polas cantidades dedicadas, salientando que se trata duns orzamentos "realistas" que reflicten "os proxectos necesarios, comprometidos e urxentes da nosa cidade".
TURISMO
Santiago acollerá en setembro de 2015 o XVIII Congreso Nacional de Psiquiatría
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o XVIII Congreso Nacional de Psiquiatría, que se celebrará do 24 ao 26 de setembro no Palacio de Congresos de Galicia. Esta será a segunda ocasión na que Santiago acollerá este evento. Na primeira ocasión, en 2007, o Congreso reuniu máis de 2.400 especialistas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan en outubro e novembro as actividades de "Vive, vivencias, vivamos"
Xa están preparados os novos contidos do programa de achegamento á historia e á antropoloxía da cidade Vive, vivencias, vivamos, que arrancara no mes de abril e que ata agora xa incluíu dez visitas culturais diversas nas que participaron 387 persoas. As actividades desta iniciativa da Rede de Centros Socioculturais continuarán en outubro e decembro.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece 15 prazas para que rapaces de 5 a 14 anos realicen un curso de corda no centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) de Santiago de Compostela, celebra cada ano un curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, viola, violoncello e contrabaixo. Esta nova edición comezará en novembro de 2014 e prolongarase ata o mes de maio de 2015.