ALCALDÍA

O alcalde lembra o espazo que Uruguai ocupa na memoria de moitos composteláns e agora tamén no plan urbano da cidade

03/06/2013

A República Oriental do Uruguai xa conta cunha praza en Compostela, a carón da rúa da Fonte dos Concheiros. O novo emprazamento foi inaugurado nun acto no que participaron o presidente de Uruguai, José Mujica; o alcalde compostelán, Ángel Currás; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades. Antes, o máximo mandatario do país suramericano foi recibido pola Corporación en Raxoi, continuando así coa súa visita oficial a Galicia.

Ler máis

CULTURA

O Concello recupera as Xornadas de Música Contemporánea cun amplo programa para os meses de setembro e outubro

03/06/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou as Xornadas de Música Contemporánea, organizadas pola Concellería de Cultura en coprodución co Centro Nacional de Difusión Musical, institución dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Este ciclo celebrarase nos meses de setembro e outubro e inclúe seis concertos do Centro Nacional de Difusión Musical e 24 de actividades didácticas nos que participan a Real Filharmonía ou a Sinfónica da Galicia, entre outras agrupacións.

Ler máis

EDUCACIÓN

Éxito de participación e asistencia do VIII Certame de Danza Intercentros

03/06/2013

O Auditorio de Galicia acolleu o VIII Certame de Danza Intercentros, promovido pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae. Participaron 215 bailaríns e bailarinas dos centros escolares San Xosé de Cluny, Pío XII, López Ferreiro, Xelmírez I e Rosalía de Castro, que realizaron 14 representacións.

Ler máis

TURISMO

Área Santiago quere posicionarse como un destino complementario cunha oferta turística diferenciada

03/06/2013

Os técnicos dos concellos da Área Santiago reuníronse no edificio Cersia de Santiago. É a primeira reunión técnica despois de que os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaran o pasado 27 de maio no Pazo de Raxoi o protocolo de colaboración co que naceu formalmente Área Santiago. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da...

Ler máis

TURISMO

Os destinos de turismo de reunións recibirán recursos económicos do Goberno español

03/06/2013

Aproveitando a celebración da Asemblea do Spain Convention Bureau, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participa en Santander nun encontro sobre Turismo de Reunións os días 3 e 4 de xuño. Nestas xornadas debátense os principais temas do sector: a sostibilidade, as "smart cities" ou cidades intelixentes e a importancia da colaboración público-privada para desenvolver accións promocionais.

Ler máis
Compartir: