DEPORTES
Máis de 100 corredores disputarán a XV Volta Ciclista da Ascensión
A Volta Ciclista da Ascensión chega xa á súa edición número XV o sábado 11 de maio. Máis de 100 corredores participarán nunha proba que discorrerá polo entorno de Santiago e que terá saída e chegada na avenida de Juan Carlos I. A xornada tamén terá un tempo matinal dedicado aos máis pequenos, que poderán amosar a súa destreza coa bicicleta nun circuíto de habilidade.
CIDADE HISTÓRICA
O Consorcio de Santiago restaurará sete fontes do Casco Histórico
O Consorcio de Santiago vai investir 93.000 euros no proxecto de restauración de sete fontes do Casco Histórico. O proxecto foi autorizado pola Comisión Asesora do Casco Histórico, de cuxos acordos informou a concelleira de Urbanismo, María Pardo.
DEPORTES
Recoñecemento municipal a unha nova temporada de éxitos do Arteal Tenis de Mesa
O alcalde compostelán, Ángel Currás e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron os integrantes do club Arteal Tenis de Mesa.
FESTAS
As Festas da Ascensión comezan este mércores coa habitual tirada de bombas ás 12 do mediodía e animación na rúa
Compostela prepárase xa para o comezo das Festas da Ascensión, que este ano se celebran do 8 ao 12 de maio. Na primeira xornada, este mércores, destaca o concerto 40 Santiago Pop na praza da Quintana.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Concedidas todas as excursións solicitadas polas entidades veciñais dentro do programa "Imos coa Asociación"
Rematou o prazo para que as asociacións de veciños de ámbito rural e da periferia de Santiago solicitaran participar no programa Imos coa asociación, promovido pola Concellería de Participación Cidadá. Once entidades veciñais solicitaron participara na convocatoria e demandaron 19 viaxes, que se realizarán nas datas que finalmente elixan, seguindo as normas do programa.
CULTURA
Concertos, actividades infantís, e moitas outras actividades gratuítas na segunda edición do Romaría Pop
A Romaría Pop, a unión de música pop e o mellor ambiente festivo herdeiro das romarías tradicionais, celebrará a súa segunda edición o sábado 15 de xuño no Parque de Belvís. Antes, o 6 de xuño, celebrarase un concerto de presentación do evento na Zona C con Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.
BENESTAR SOCIAL
A Coordinadora de Traballo en Rede Barrio de Conxo – Milladoiro organizou unha charla sobre a Lei do Menor
A Coordinadora de Traballo en Rede Barrio de Conxo – Milladoiro continúa coas actividades dirixidas a nais, pais, profesorado e educadores, baixo a idea da importancia que teñen a familia e os profesionais da educación como axentes de socialización. Neste marco celebrouse no IES Eduardo Pondal a charla Programa Ktorce-18. A Lei do Menor, impartida por Ana Pérez Figueroa, educadora social e coordinadora da área de reforma da asociación Arela.
DEPORTES
O alcalde felicita o Club de Patinaxe Campus Stellae polo seu traballo e bos resultados
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron en Raxoi os integrantes do Club de Patinaxe Campus Stellae. Este equipo, formado en outubro de 2009, conta con máis de 120 patinadores e patinadoras con idades comprendidas entre os 3 e os 22 anos. O club recibiu os parabéns municipais polo seu traballo e resultados.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ao consello executivo da Asociación Europea de Televisións Rexionais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o consello executivo de CIRCOM (European Association of Regional Television). Esta entidade celebra en Santiago a súa 31ª Conferencia Anual, que reune a directivos de televisións públicas de 25 países europeos.