XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba un crédito de 55.000 euros para a reposición de cable do alumeado público
Foi un dos asuntos máis relevantes da última sesión de maio da Xunta de Goberno, que tamén deu luz verde á adxudicación das obras de mellora en viarios do rural e aprobou definitivamente as listas de admitidos e de agarda nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa "Imos ao baile" convida a bailar a todos os composteláns
A concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá vén programando dede febreiro sesións de baile abertas para todo o mundo. A próxima cita é este sábado, 1 de xuño.
EDUCACIÓN
O Concello súmase aos actos de celebración do 20 aniversario do CEIP de Fontiñas
O colexio, que xa festexou o décimo aniversario, comezará as celebracións no mes de setembro. O seu director, Santiago Conde, expresou o agradecemento pola colaboración institucional e quixo invitar persoalmente ao alcalde aos actos de conmemoración.
ECONOMÍA
Máis de cen empresas participan na 3ª Edición de Getting Contacts
A concelleira de Economía, Reyes Leis, presidiu a apertura de Getting Contacts que se celebra en Santiago, organizado polo Concello e por AJE, coa colaboración de Área Central. Trátase da terceira edición que se celebra na cidade deste encontro empresarial, un evento de networking orixinal mediante unha axenda de contactos que se desenvolve baixo o paraugas de Santiago Investors Support, o programa municipal para o apoio aos emprendedores e empresarios da cidade.
EDUCACIÓN
O Certame de Danza Intercentros chega ao Auditorio este domingo con 14 propostas escénicas na súa oitava edición
A concelleira de Eduación, María Castelao, presentou xunto coas profesoras Eva Cancio e Beatriz Viñal o certame de danza intercentros, no que participan os alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria inscritos nas actividades de danza extraescolares dos centros San Xosé de Cluny, Pío XII, López Ferreiro, IES Xelmírez I e Rosalía de Castro. O acto central terá lugar o domingo 2 de xuño no Auditorio de Galicia a partir das 19.00 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
En marcha no novo centro sociocultural de Santa Marta un amplo programa de actividades
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha unha completa programación de actividades para os próximos meses de xuño e xullo destinada a todos os públicos.
EDUCACIÓN
Xornada formativa sobre a dieta sen glute para monitores de comedores escolares
A casa das asociacións de Cornes acolle hoxe pola tarde esta actividade na que participan 36 profesionais.
TURISMO
Vila de Cruces celebra o 9 de xuño a Festa do Galo de Curral
O Hostal dos Reis Católicos acolleu a presentación da XX edición da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces, á que asistiu a concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis. Vila de Cruces pertence ao novo Grupo Área Santiago, que une a 19 concellos próximos a Santiago para a súa promoción turística. Nesta ocasión estará adicada a Fito, fundador do Grupo A Roda, segundo dixo o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero. A xornada incluirá unha concentración de coches antiguos, o XIX Festival de...
PLENO
O Pleno dá luz verde ao Plan de Emerxencia Municipal do Concello
O Pleno da corporación, na súa sesión ordinaria de maio, deu o visto bo ao plan de coordinación municipal en caso de emerxencia. Tamén aprobou o crédito orzamentario para a reposición de cable no alumeado municipal por importe de 55.000 euros