ECONOMÍA

O Concello de Santiago e a AJE Galicia estreitan lazos de colaboración

07/09/2012

A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, mantivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Xóvenes Empresarios (AJE Galicia), Daniel Ramos, e co seu xerente, Guillermo Gonzalo Nieto, aos que lle trasladou o "apoio total" da Corporación municipal compostelá ás iniciativas da entidade.

Ler máis

ECONOMÍA

O CERSIA acolle o seminario para emprendedores "Ata onde queres chegar?"

07/09/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis; o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; e os representantes da Asociación Club Emprende MAS, Román Iglesias e Natalia Gómez, presentaron en Raxoi o seminario para emprendedores Ata onde queres chegar?, dirixido a mozos entre 17 e 35 anos, emprendedores e persoas desempregadas.

Ler máis

ALCALDÍA

Máis de 60 peregrinos fan o Camiño de Santiago para loitar contra o estigma da enfermidade mental

07/09/2012

Case 60 persoas con enfermidade mental, monitores e un grupo de familiares chegaron a Santiago tras percorrer o Camiño de Santiago. Trátase dunha actividade organizada pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes Galicia), que se celebra por terceiro ano consecutivo tras o éxito de participación en 2010 e 2011.

Ler máis
Compartir: