BENESTAR SOCIAL

O Concello de Santiago e a Fundación Secretariado Xitano perfilan o seu convenio anual de colaboración

05/09/2012

A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, reuniuse coa coordinadora do equipo de Santiago da Fundación Secretariado Xitano, Isabel Suárez, e coa directora en Galicia da devandita Fundación, Eva Vera. No encontro perfiláronse as liñas de colaboración que quedarán marcadas no convenio anual a subscribir, no que o Concello achegará 20.000 euros á Fundación para as accións do programa Acceder.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Redecinema trae á praza da Quintana a proxección aberta do filme "Vilamor"

05/09/2012

O programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, chega a Santiago de Compostela coa proxección do filme Vilamor. Será o sábado 8, a partir das 22:00 horas, na praza da Quintana, nunha sesión aberta e de balde para todos os públicos.

Ler máis

TURISMO

Santiago e Trondheim (Noruega), unidas polas súas rutas de peregrinación

05/09/2012

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, recibiu Rita Ottervik, alcaldesa de Trondheim, cidade de Noruega referencia do Camiño de San Olav. A rexedora da cidade nórdica encabeza unha delegación que está en Compostela para estudar as estratexias de promoción turística do Camiño de Santiago e para avanzar na creación dunha rede europea de rutas de peregrinación.

Ler máis

EMPREGO

A Axencia Local de Colocación pon a disposición dos empresarios a información relativa aos incentivos á contratación

05/09/2012

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu a presentación da campaña de difusión sobre incentivos á contratación para empresas, aprobados pola Dirección Xeral de Fomento do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, que desenvolverá o Concello de Santiago a través da Axencia Local de Colocación, dependente da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.

Ler máis

CULTURA

Cave, Lisabö e Unicornibot en triCiclo, segunda proposta desta temporada do Compostela Rock

05/09/2012

O triCiclo é unha proposta musical de concertos de tres bandas, sempre de primeiro nivel en diferentes localizacións da xeografía galega. Unha escusa perfecta para, ademais, mostrar ao mundo o talento de artistas galegos noutras disciplinas, xa sexa traballando con artistas gráficos establecidos ou descoñecidos. Así, a primeira edición desta proposta presentárase dentro do Compostela Rock con Cave, Lisabö, Unicornibot e o deseñador Andrés Magán. Será o sábado 22 de setembro na Sala Capitol, coa...

Ler máis
Compartir: