BENESTAR SOCIAL
Clausurados en Vite os obradoiros para maiores "Adaptándose á xubilación"
Clausuráronse os obradoiros Adaptándose á xubilación, que se desenvolveron os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite e que foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais, en colaboración co Club de Maiores do CSC de Vite.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co cónsul de Panamá
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co cónsul de Panamá, Cristóbal Fundora Leitón.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos achéganse á música da man do programa "Os contos do país do xeo"
Celebrouse na Escola Infantil de Conxo o concerto inaugural do Programa de Educación Musical para nenos de 0 a 3 anos, que leva por título Os contos do país do xeo. Trátase dunha iniciativa especialmente deseñada para as escolas infantís pola Escola Municipal de Música.
MOBILIDADE
Entra en servizo o cuarto taxi adaptado
As persoas con mobilidade reducida teñen á súa disposición un novo taxi adaptado. E o cuarto destas características que entra en servizo, avanzando cara a esixencia legal de ter como vehículos accesibles o 5% do total da flota antes de 2017. Co número actual de vehículos, 147, deben ser obrigatoriamente sete os adaptados para esa data.