DEPORTES

Compostela acolle as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte

26/10/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou as XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte, que se celebran na Facultade de Medicina os días 26 e 27 de outubro. A continuación, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, interveu cun relatorio sobre "A evolución da implantación do deporte na sociedade moderna".

Ler máis

TURISMO

Peregrinación para promover o Camiño Inglés

26/10/2012

Os concelleiros de Turismo, Reyes Leis, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, uníronse no Polígono do Tambre á peregrinación que realizaron xornalistas e blogueiros para promover o Camiño Inglés e que estivo coordinada pola Asociación Hostalería Compostela. Despois de percorrer este último tramo, a comitiva foi recibida en Raxoi.

Ler máis

ALCALDÍA

Especialistas españois e portugueses estudan as posibilidades do territorio e a súa xestión para facer fronte á crise económica

26/10/2012

Os participantes no XIII Coloquio Ibérico de Xeografía foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás. Este encontro reúne ata o 27 de outubro, na Facultade de Xeografía e Historia, a máis de 300 especialistas españois e portugueses que debaten sobre cuestións relacionadas co territorio, as infraestruturas, a economía e as relacións transfronteirizas e como estas poden axudar a superar a crise actual.

Ler máis

CULTURA

Mofa e Befa estrean a súa nova produción, "Románticos", no Teatro Principal

26/10/2012

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Piti Sanz, presentaron Románticos, a nova obra de Mofa e Befa-Produccións Excéntricas. A estrea absoluta será no Teatro Principal, dentro do ciclo Teatro&Danza, con cinco funcións, dende o mércores 31 de outubro ata o domingo 4 de novembro, ás 21:00 horas (agás domingo, que será ás 20:00 horas) As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, que...

Ler máis
Compartir: