TURISMO

Santiago bate en setembro a marca de pernoctacións internacionais

24/10/2012

Durante o pasado mes de setembro rexistráronse 66.598 pernoctacións de turistas internacionais en Santiago, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta cifra supón a mellor marca no número de pernoctacións internacionais nun mes, superando as 62.207 que se deron en setembro do Ano Santo 2010.

Ler máis

CULTURA

Os suecos Arch Enemy presentan o seu "World Khaos Tour" no Compostela Rock

24/10/2012

Continúa a programación do ciclo Compostela Rock co death metal melódico dos suecos Arch Enemy, que fan unha parada da súa xira World Khaos Tour este xoves 25 na Sala Capitol. Estarán acompañados,a partir das 20:00 horas polos canadenses Voivod (thrash metal progresivo) e dos tamén canadenses Titans Eve (trash/death metal).

Ler máis

XUVENTUDE

Exhibición de graffiti no pavillón de Vite

24/10/2012

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitaron os finalistas da especialidade de graffiti do certame de creadores novos Xuventude Crea.

Ler máis
Compartir: