NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA
A Concellería de Normalización Lingüística impulsa "Atopando Compostela", un xogo sobre a toponimia municipal
A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou o proxecto de toponimia lúdica Atopando Compostela. Trátase dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago e está dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria, co fin de que se familiaricen cos nomes propios dos lugares do municipio no que viven.
CIDADE HISTÓRICA
Propostas para a Cidade Histórica na clausura das sesións abertas do congreso "Compostela 2021. A cidade intuída"
Pararse e reflexionar, intuír a cidade que queremos para dentro de 10 anos é o obxectivo do congreso Compostela 2021. A cidade intuída, que está a desenvolver as súas xornadas de portas abertas durante esta semana, no Teatro Principal. A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, pechará estas sesións despois dunha última sesión que estará centrada na reflexión sobre a zona vella de Compostela.
EDUCACIÓN
Unha xornada técnica abordará en Santiago os retos educativos das corporacións locais
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, e o Grupo de Traballo Concellos e Educación presentaron en Santiago a I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia. Celebrarase o vindeiro 24 de marzo no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.