PROMOCIÓN ECONÓMICA

Compostela acolle o 27 e 28 de setembro a primeira reunión de REDEL

12/07/2007

Santiago acollerá o 27 e 28 de setembro a primeira reunión da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL), da que Compostela é socio fundador. No encontro concretaranse as accións contempladas no Plan de Actuación 2007. O plan, aprobado o 31 de xaneiro do 2007 en Bilbao, contempla tres liñas de acción: reflexión sobre áreas clave de actuación, comunicación externa e desenvolvemento de proxectos, e acceso a financiamento. A estas liñas de traballo engádese a de labores de xestión...

Ler máis

TURISMO E CULTURA

Turismo e Cultura preparan os actos conmemorativos do nomeamento do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo

12/07/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o tenente de alcalde, Néstor Rego, reuniranse o venres 13 co Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco. Na xuntanza trataranse diferentes temas dos ámbitos nos que teñen competencias comúns a Concellería e a Consellería: a promoción económica, o comercio e o turismo.

Ler máis
Compartir: