PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Espazo Avanza achega as novas tecnoloxías a Compostela

20/06/2007

O aparcadoiro de autobuses de Salgueiriños acolle do 20 a o 24 de xuño a carpa do Espazo Avanza, un evento itinerante que está a percorrer as 17 Comunidades Autónomas para achegar a todos os cidadáns os últimos avances da tecnoloxía e da cultura dixitais. Haberá videoxogos, inchables e diversas actividades pensadas para o lecer tecnolóxico de todos. A iniciativa estrea en Compostela a súa particular campaña de verán.

Ler máis
Compartir: