ÚNICO CONCERTO DOS MEXICANOS EN GALICIA

A banda Maná achégase ao Monte do Gozo dentro do seu "Amar es combatir World Tour 2007"

14/06/2007

Os mexicanos Maná estarán o vindeiro 22 de xuño en Compostela para presentar os traballos do seu último disco Amar es combatir, na que será a única parada que a banda realice en Galicia dentro da súa xira de concertos de 2007. Na súa última visita á nosa comunidade conseguiron reunir no Coliseum da Coruña arredor de 11.000 espectadores. As previsións apuntan a que esta cifra podería rebasarse amplamente no concerto que ofrecerán en Compostela, para o que podería chegar a...

Ler máis

REFORMA ADMINISTRATIVA

A páxina web municipal estrea deseño e incorpora novos servizos

14/06/2007

A concelleira de Reforma Administrativa, Marta Álvarez-Santullano, presentou o novo deseño da páxina web municipal (www.santiagodecompostela.gal) e os novos servizos que incorpora. O portal incrementa a súa aposta pola información permanente e actualizada, pola tecnoloxía e polos servizos ao cidadán.

Ler máis

EDUCACIÓN E MOCIDADE

A Escola de Verán chega á súa sexta edición

14/06/2007

Rapaces de entre 3 e 12 anos están convidados a participar na VI Escola Municipal de verán. Desenvolverase do 25 ao 29 de xuño e do 3 ao 7 de setembro no CEIP Quiroga Palacios, Fontiñas, Pío XII e Colexiata do Sar. As actividades celebraranse en horario de 9:30 a 13:30 horas. A participación é de balde.

Ler máis

MULLER

Unha chamada á conciencia sobre a dobre discriminación á muller

14/06/2007

A concelleira de Muller en funcións, Adelaida Negreira, presentou unha nova campaña destinada a promover a igualdade e a chamar a atención sobre a dobre discriminación que sofren moitas mulleres, polo feito de ser mulleres e por factores como a idade ou algunha discapacidade.

Ler máis

CONSORCIO

Ponse en marcha o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana

14/06/2007

O alcalde compostelán en funcións e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Leire Pajín, presentaron o novo Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana. Este galardón pretende recoñecer e fomentar iniciativas públicas de creación e recuperación de ámbitos de cohesión nas cidades históricas de América Latina, a través da transformación e mellora de espazos urbanos.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica

14/06/2007

O 15 de xuño comeza o curso de Instalador de sistemas de enerxía solar térmica, incluído no Plan FIP (Formación e Inserción Profesional) que imparte a Concellaría de Promoción Económica e Emprego. O curso consta de 355 horas lectivas. Conta con seis módulos propiamente formativos, Replanteo da instalación, Colectores solares térmicos, Radiación solar, Circuíto primario, Circuíto Secundario e Control, operación e mantemento; e dous módulos transversais, Formación para...

Ler máis

URBANISMO

Remata o expediente de expropiación do Sup-7 de Pontepedriña

14/06/2007

A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, Emuvissa, aprobou na sesión ordinaria do seu Consello de Administración, as bases de mutuo acordo de expropiación de terreos ubicados no ámbito do Plan de Sectorización do Sup-7 de Pontepedriña II cos dous últimos propietarios. Complétase deste xeito o expediente de expropiación deste solo.

Ler máis
Compartir: