PROMOCIÓN ECONÓMICA

Un novo programa favorecerá a inserción laboral en Compostela dos alumnos con mellores expedientes universitarios

09/05/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, acompañado do vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago, Lourenzo Fernández Prieto, e do presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Jesús Chenel Noya presentou o Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC.

Ler máis

EDUCACIÓN

Os máis novos achéganse á Banda Municipal de Música

09/05/2007

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director da Banda Municipal de Santiago, Casiano Mouriño, presentaron un novo ciclo de concertos didácticos. Neste caso o obxectivo é achegar aos máis novos a unha das institucións máis populares da cidade, a súa Banda Municipal de Música.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica fomenta o investimento en publicidade do sector comercial da cidade

09/05/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, asinou catro convenios de colaboración con Cadena COPE-Radio Popular, Cadena Ser-Radio Galicia, Grupo Correo Gallego, e Onda Cero-Europa FM, para o fomento do investimento en publicidade por parte do sector comercial do Concello de Santiago. En vindeiras datas está previsto que asinen o convenio Compostelavisión, S.L. (Localia) e o Grupo Voz.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Entrega de premios aos rapaces e rapazas que participaron no torneo de fútbol do Programa de educadores de rúa

09/05/2007

O Programa de educadores de rúa concluíu unha das súas actividades, o torneo de fútbol sala, coa entrega de premios aos participantes. A Concellería de Benestar Social puxo en marcha esta experiencia piloto no mes de xaneiro e nela están a participar 150 rapaces e rapazas do barrio de Fontiñas, que están a disfrutar dun ocio alternativo e saudable.

Ler máis

FESTAS

Van Morrison, La Quinta Estación e Macaco nas festas da Ascensión

09/05/2007

O concerto de Van Morrison o sábado 19 de maio e as actuacións de balde de La Quinta Estación, Macaco ou Gisela serán os pratos dunha nova edición das festas da Ascensión, que se celebrarán do 15 ao 25 de maio. O programa foi presentado polo concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, quen indicou que estaba pensando "para nenos e maiores, para composteláns e visitantes".

Ler máis
Compartir: