CENTROS SOCIOCULTURAIS

A historia vai a Enfesta

08/05/2007

O programa "A historia vai por barrios" chegará o 9 de maio a Enfesta. Despois de pasar por San Pedro, A Rocha, Villestro, Vite e o Ensanche, esta iniciativa de dinamización sociocultural toca ao seu fin por este ano coa derradeira mostra, unha nova invitación ao encontro entre a veciñanza e ao mellor coñecemento da propia historia.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello colaborará con Abagal e TP-Galicia en varios programas relacionados cos trastornos da alimentación e da personalidade

08/05/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de asinar dous convenios de colaboración cos presidentes das asociacións Abagal (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), María Flora Cajide, e de TP-Galicia (Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos trastornos da personalidade), Germán Medina Sánchez.

Ler máis

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

En galego, dende o berce

08/05/2007

Unha nova campaña da Concellería de Política Lingüística promoverá a transmisión interxeracional do galego. A iniciativa difundirá o uso do idioma dende a etapa do embarazo ata que o nome do novo neno é inscrito no Rexistro Civil.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica destina 40.000 euros a incentivar a creación de novas empresas en Santiago

08/05/2007

A Concellaría de Promoción Económica destina 40.000 euros a Incentivos para a creación de novas empresas en Santiago de Compostela, incluídos no programa Compostela Activa 2007. Este ano as axudas destinadas a novas empresas increméntanse un 33%, pasando dos 30.000 euros do 2006, dos que se beneficiaron 29 firmas, a 40.000 euros. O obxectivo destas subvencións é axudar economicamente aos novos proxectos empresariais ou novos autónomos a consolidar os seus negocios. Subvencionaranse cun máximo de 2.000 euros os gastos...

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Avanzan segundo o previsto as obras na nova sede de Benestar Social

08/05/2007

Seguen a bo ritmo as obras de construción do que será o novo edificio que albergará as dependencias de Benestar Social e Muller. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta tarde o complexo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Muller e UMAD, Adelaida Negreira.

Ler máis
Compartir: