PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Servizo de Atención Temperá informa a educadores e familias sobre os problemas que afectan aos menores

24/05/2007

O Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, formado por unha psicopedagoga, 1 mestra de infantil e unha psicóloga, comezou o 23 de maio unha serie de sesións informativas en seis escolas infantís de Santiago, destinadas ás familias e aos educadores. Abordan tres temas: problemas de conduta, sobreportección de menores e adaptación á escola infantil.

Ler máis

DEPORTES

O alcalde recibirá en Raxoi ao Beirasar Rosalía

24/05/2007

Tempo de celebracións no deporte compostelán e do baloncesto en particular, tralo ascenso do Beirasar Rosalía á Adecco LEB. Despois da vitoria en Ourense, que supuxo o 3-0 definitivo na eliminatoria, xogadores, técnicos e directiva brindan o éxito á cidade.

Ler máis

EDUCACIÓN E CULTURA

Comezan os concertos didácticos da Banda Municipal

24/05/2007

O venres 25 de maio, no Auditorio de Galicia, terá lugar o primeiro concerto do ciclo de concertos didácticos que organizan os departamentos de Educación e Mocidade e Cultura, xunto coa Banda Municipal de Música de Santiago.

Ler máis
Compartir: