FUNDACIÓN GRANELL

Maratón de lectura dedicado a Juan Ramón Jiménez na Fundación Granell

16/05/2007

O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Granell, Xosé A. Sánchez Bugallo, abriu o maratón anual de lectura, dedicado este ano a Juan Ramón Jiménez, que organiza esta entidade con motivo do Día Internacional dos Museos. A esta apertura asistiron alumnos do colexio San Xosé de Cluny.

Ler máis

CURTOCIRCUÍTO

"Historia da arte" gaña o concurso de guións para curtametraxes Compostela Plató

16/05/2007

Unha historia na que se entrecruzan o mundo da arte moderna e a realidade das clases sociais máis humildes é a gañadora do Concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató, unha das seccións oficiais do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto 2007. "Historia da arte" propón unha reflexión sarcástica sobre a utilidade e a esencia do arte moderno e o seu alonxamento da realidade social.

Ler máis

CONSORCIO

Concerto na Catedral dentro do "Compostela Organum Festival"

16/05/2007

O órgano da Catedral de Santiago, afeito a poñer música ás celebracións litúrxicas da basílica, ás grandes solemnidades ou as notas do Himno ao Apóstolo durante o voo do Botafumeiro, cambiará por un día a súa tarefa para deixar paso á música de Bach, Saint-Saëns, Liszt ou o coñecido "Claro de luna" de Debussy. Será nun novo concerto do "Compostela Organum Festival", o xoves 17 de maio, ás 21:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Homenaxe ao deporte de base

16/05/2007

No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de homenaxe ás categorías de base do club de baloncesto Rosalía de Castro. O evento lembrou os éxitos acadados nas diferentes categorías na campaña 2006-2007.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

125 persoas participarán no Proxecto Crear IV de inserción laboral

16/05/2007

A Concellaría de Promoción Económica e Emprego porá en marcha o 1 de xuño o Proxecto Crear IV. Este programa experimental, que ten un custo de 199.111,10 euros, será cofinanciado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. No Proxecto Crear IV poderán participar 125 usuarios, fronte aos 100 do Crear III, que remata o 30 de maio.

Ler máis
Compartir: