EDUCACIÓN

Os gañadores do Concurso de Carteis de Nadal xa teñen a súa recompensa

20/12/2007

Como cada ano por estas datas, os rapaces e rapazas gañadoras do Concurso de Carteis de Nadal pasaron por Raxoi para recibir os seus premios. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez foron os encargados de entregar os agasallos en forma de xoguetes, consolas ou libros.

Ler máis

CULTURA

Maxia para un tempo de ilusións

20/12/2007

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o Mago Antón presentaron a gala Nadal Máxico. 2º Circuíto Galego da Maxia, que se celebra o venres 21 no Teatro Principal a partir das 20:30 horas. Os magos Antón, Romarís, Richard, Luis Manuel e Vituco serán os protagonistas desta actuación, destinada a un público familiar.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Sesenta e dúas empresas naceron ao abeiro do Proxecto Equal Compostela Social

20/12/2007

O Proxecto Equal Compostela Social impulsou dende a seu nacemento, en novembro do 2005, a creación de 62 empresas na Mancomunidade de Compostela. Superouse, polo tanto, o obxectivo da concellaría de Promoción Económica do Concello de Santiago, que marcara en 50 empresas creadas ao abeiro do programa a meta a conseguir. Do total de empresas, 42 foron promovidas por mulleres e 20 por homes; 42 no Concello de Santiago; o resto nos de Ames, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra. E con respecto aos sectores de actividade, aínda que moi variados, os máis...

Ler máis
Compartir: