URBANISMO

O novo campus docente de Peleteiro, para 2009

08/01/2007

Tal como anunciara o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o Plan especial do equipamento docente no Monte Redondo (D-19), do Colexio Manuel Peleteiro. Nestes terreos, entre a estrada C-541 (Santiago- A Estrada) e a autovía de Santiago a Ourense, construiranse unhas instalacións que custarán 21 millóns de euros e estarán listas, previsiblemente, para os primeiros meses de 2009.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Obras de saneamento e abastecemento de augas por máis dun millón de euros

08/01/2007

A Xunta de Goberno local aprobou o convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Santiago para a execución de diversas obras de saneamento, depuración de augas residuais e abastecemento de auga en diferentes lugares e parroquias de Santiago. Esta actuación conta cun orzamento de 1.051.630 euros.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

A Rúa Nova de Abaixo únese ao novo modelo de urbanización do Ensanche

08/01/2007

O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, anunciou a aprobación do proxecto e do prego de cláusulas para as obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo. Esta actuación, que seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, suporá un investimento de 997.318 euros.

Ler máis

PLAN ESTRATÉXICO

Compostela será "a porta da Galicia dinámica e innovadora" grazas á aprobación do Plan Estratéxico

08/01/2007

O Plan Estratéxico está a piques de pechar a súa terceira fase de desenvolvemento. Así, o luns 8 o Auditorio de Galicia acolleu a reunión do Comité Directivo do Plan, onde se presentaron as principais conclusións, coa presentación dos obxectivos e a definición das liñas estratéxicas. A mediados deste mes convocarase o Consello Económico e Social, que, previsiblemente aprobará o documento para pasar á cuarta fase, que abarca o desenvolvemento dos obxectivos, a definición do proxecto e os...

Ler máis
Compartir: