INFRAESTRUTURAS

Os veciños disfrutan xa da renovación das rúas Lino Villafínez e Modesto Brocos e dun novo parque infantil

27/01/2007

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á apertura das rúas Lino Villafínez e Modesto Brocos, que veñen de ser renovadas. En total, fixéronse 4.000 metros cadrados de pavimento vial con aglomerado en quente, e uns 1.500 metros cadrados con beirarrúa en baldosa. Ademais, catrocentos metros lineais ocupáronse cunha tubería de polietileno. En total, investíronse 280.000 euros nas obras.

Ler máis

SOLIDARIEDADE

Un foro para a convivencia e a solidariedade

27/01/2007

O centro comercial Área Central acolleu o VIII Foro de encontro das Organizacións Non Gobernamentais, no que estas entidades deron a coñecer á cidadanía Compostela os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, pasaron por este punto solidario.

Ler máis
Compartir: