PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os comercios gañadores do Concurso de Escaparatismo recibiron as súas bandas de recoñecemento

26/01/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, entregou unha banda de recoñecemento a cada un dos comercios gañadores das diferentes edicións do Concurso de Escaparatismo "SCQ Shoping" dende o seu inicio, no ano 2004. A banda está deseñada para instalar nos escaparates das tendas. No seu percorrido polas distintos establecementos, Iglesias estivo acompañada por representantes das asociacións de comerciantes da cidade.

Ler máis

EDUCACIÓN

Troula e arte para dinamizar as escolas rurais de Compostela

26/01/2007

"TroulARTE" é o título da ludoteta itinerante que percorrerá en 2007 as escolas rurais de Santiago. Trátase dun proxecto de animación sociocultural destinado a nenos e nenas de idades entre 6 e 12 anos, que se integra no Plan de dinamización das escolas rurais de Compostela.

Ler máis

ALCALDÍA

Os dous novos concelleiros tomarán posesión en menos de dúas semanas

26/01/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que Francisco Candela, Mercedes Rosón e Teresa García-Sabell asumen provisionalmente as responsabilidades deixadas por Xaquín Fernández Leiceaga e Luis Toxo. Neste sentido, indicou que os dous novos edís tomarán posesión nun pleno extraordinario que se celebrará na semana do 5 ao 9 de febreiro.

Ler máis

COMERCIO

Confecciones Riande recibe a homenaxe do Concello e de Acotés

26/01/2007

Con motivo do XX aniversario da agrupación de comerciantes Acotés, e coa colaboración do Concello, creouse unha placa para identificar aos seus asociados. A primeira instalouse no local de Confecciones Riande, un dos negocios máis antigos de Santiago, e o primeiro que houbo na praza do Toural.

Ler máis

INFRAESTRUTURAS

Os veciños xa coñecen os plans municipais para a Rúa do Olvido

26/01/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou aos veciños das rúas Olvido, Pexego de Abaixo e Pexego de Arriba o anteproxecto de urbanización da praza do Olvido e o seu contorno. Grazas a esta actuación recuperarase para o uso público esta zona, cunha nova zona verde e unha praza na que desembocará a rúa do Olvido.

Ler máis
Compartir: