INFRAESTRUTURAS

A nova rede de saneamento do Aríns resolverá as necesidades da conca nos vindeiros 25 anos

25/01/2007

Coa colocación da primeira pedra, dáse inicio ás obras de saneamento da conca do río Aríns, un importante proxecto que suporá un investimento de máis de 10 millóns de euros, achegados entre o Concello, a Xunta e a Unión Europea. As obras comprenden tres actuacións: a construción da nova EDAR, a posta en marcha dos colectores xerais e a dos colectores secundarios.

Ler máis

DEPORTES

Compostela, capital por uns días do fútbol sala europeo

25/01/2007

Os afeccionados ao deporte e ao fútbol sala en particular teñen unha cita no Multiusos Fontes do Sar do 25 ao 28 de xaneiro, co Torneo Europeo de Clubes Campións de Copa de Fútbol Sala. A cidade está a vivir con expectación a celebración deste trofeo, na que o equipo local, o Autos Lobelle, aspira a conseguir o seu primeiro título europeo, tras acadar a Copa de España na anterior temporada. Antes da competición, os participantes acudiron a unha recepción en Raxoi.

Ler máis

CULTURA

Talía representa no Principal a función número 200 de "Bicos con lingua"

25/01/2007

O sábado 27, o Teatro Principal acolle a función número 200 de "Bicos con lingua", de Talía Teatro. Será unha representación especial, na que estarán todas as persas que colaboraron nesta montaxe, convertida xa en clásica nos escenarios galegos. A entrada é de balde, previa recollida da mesma no Principal.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Aberta a cuarta fase do proxecto Equal Compostela Social

25/01/2007

Na Aula de Formación da Cámara de Comercio, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inaugurou a cuarta fase do proxecto Equal Compostela Social. Deste xeito, abriuse o Curso de xestión empresarial, co que comezaba as actividades formativas do programa. Están dirixidas a colectivos de difícil inserción laboral, como mulleres, mozos, inmigrantes, emigrantes retornados ou desempregados de longa duración que desexen crear a súa propia empresa.

Ler máis

PLENO

Xaquín Fernández Leiceaga e Luis Toxo formalizaron a súa marcha do Concello

25/01/2007

Os ata agora concelleiros de Facenda e Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, e de Urbanismo, Luis Toxo Ramallo, formalizaron a renuncia ás súas actas de edís na sesión do Pleno municipal. Atrás queda unha longa traxectoria de ambos, que deixan as súas responsabilidades municipais para dedicarse aos seus labores como deputados autonómicos.

Ler máis
Compartir: