ALCALDÍA

Bilbao xa ten unha avenida en Compostela

24/11/2006

No acto de inauguración da avenida que leva o nome da cidade vasca, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna.

Ler máis

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A erradicación da violencia de xénero, "un traballo conxunto" de homes e mulleres

24/11/2006

Nun acto celebrado na praza do Toural, a xornalista Irene Lourido leu un manifesto chamando pola "unión" de homes e mulleres para erradicar a violencia de xénero. Mentres, un grupo de compañeiros tamén xornalistas, en representación das vítimas, ían pendurando do Pazo de Bendaña frases de sensibilización en resposta a algunhas das actitudes machistas máis frecuentes.

Ler máis

SANIDADE

Bugallo inaugura un simpsio contra o cancro

24/11/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta tarde un simposio no que se analizarán os resultados médicos obtidos nas terapias de tratamentos de cancro que introducen o taxano como principio activo nas sesións de quimioterapia.

Ler máis
Compartir: