TURISMO

O traballo dos veciños consegue que o Entroido dos Xenerais da Ulla sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia

30/09/2013

Os Xenerais da Ulla encabezarán o desfile do Entroido en Santiago en 2014. Farano xa co recoñecemento ao seu Entroido como Festa de Interese Turístico de Galicia. En Compostela, esta celebración ten lugar nas parroquias de Aríns, Angrois, Marrozos e O Eixo. A estas súmanse outros 23 lugares dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Ler máis

CULTURA

O CGAC celebra o seu XX aniversario

29/09/2013

A concelleira de Educación, María Castelao, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, asistiron a una visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) con motivo do XX aniversario deste espazo de difusión cultural.

Ler máis

DEPORTES E FAMILIA

Todo listo para o XXIII Día da Bicicleta

27/09/2013

O vindeiro domingo, 29 de setembro, ás 10:30 horas, sairán do Centro Comercial As Cancelas os participantes no XXIII Día da Bicicleta. Un ano máis, o Concello aposta por esta xornada de lecer, deporte e familia, que nesta ocasión terá a súa meta na praza central da Cidade da Cultura.

Ler máis
Compartir: