DEPORTES

Unha fin de semana chea de deporte para todos

30/05/2008

O sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño, cita co deporte en Santiago, coa celebración, respectivamente do Día do Deporte e do Día da Bicicleta. Todos os composteláns están chamados a participar de balde nestas actividades.

Ler máis

ALCALDÍA

Despedida municipal a José Venancio López

30/05/2008

O ata agora adestrador do Autos Lobelle de Santiago, José Venancio López Hierro, deixa o seu cargo para ocuparse plenamente da selección española de fútbol sala. Atrás quedan catro temporadas en Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio renova a súa aposta pola recuperación do espazo urbano en cidades históricas de América Latina

30/05/2008

O Consorcio presenta a segunda convocatoria do Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2008, destinado á creación e recuperación do espazo urbano en cidades históricas de América Latina. Esta iniciativa reivindica a recuperación da calidade do espazo urbano das súas cidades históricas como xeito de promover proxectos públicos que se orienten a reinventar e fortalecer o papel estrutural que este espazo debe ter.

Ler máis

CULTURA

Presentada a programación cultural para o mes de xuño

30/05/2008

A nova concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron o programa cultural do mes de xuño. O concerto de Rufus Wainwright ou a representación de O guía do Hermitage, serán algunhas das citas máis importantes do mes.

Ler máis

TURISMO

Máis de 1.000 curtametraxes inscritas no Concurso de Curtas de Curtocircuíto

30/05/2008

Dende que se abriu o prazo de inscrición o 14 de abril, máis de 1.000 curtametraxes procedentes de países tan diversos como Uruguai, Malaisia, Australia ou Costa de Marfil inscribíronse no Concurso de Curtametraxes de Curtocircuíto 2008. As películas seleccionadas como finalistas poderán verse durante a Semana Oficial que se celebrará en Santiago do 17 ao 24 de outubro.

Ler máis

ALCALDÍA

A Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre agradece os compromisos adquiridos polo Concello

30/05/2008

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, para falar dos compromisos adquiridos con esta entidade no encontro que mantivo na súa sede hai un ano. Moitos destes compromisos están cumpridos a día de hoxe, como é o caso do acondicionamento da plataforma que se atopa ao carón do edificio da Asociación, e que dá servizo de aparcamento aos traballadores do polígono ou o axardinamento das rotondas.

Ler máis
Compartir: