ALCALDÍA
A veciñanza de Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas participa nun novo encontro "Ao vivo"
A veciñanza dos barrios de Salgueiriños, Meixonfrío e Cancelas participou hoxe nun novo encontro Ao vivo, celebrado na Casa das Asociacións de Benestar Social. A limpeza dos espazos públicos, o mantemento da rede viaria e o futuro da estrutura do parque comarcal de bombeiros foron algúns dos asuntos abordados na reunión desta tarde.
OBRAS E DEPORTE
En marcha a primeira das tres obras que "converterán Santa Isabel nunha infraestrutura deportiva de referencia"
Xa están en marcha as obras de mellora do céspede e do sistema de rega do campo de fútbol de Santa Isabel. Esta é a primeira das tres actuacións que se van levar a cabo nos próximos meses na instalación deportiva, e que suporán un investimento total de preto de 600.000 euros.
DEPORTE
Santiago acolle o Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar, no que participan 80 deportistas
O rocódromo Indorwall será a sede do Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar, que se celebra os días 7 e 8 de xullo na nosa cidade. Na proba participarán 80 deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Castela e León, Estremadura, Valencia, Andalucía, Euskadi, Aragón e Castela-A Mancha.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece un concerto este sábado en Portugal, no marco do Festival Internacional de Música de Espinho
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer un concerto este sábado, 7 de xullo, en Portugal, no marco do prestixioso Festival Internacional de Música de Espinho, no Auditorio da cidade, ás 22:00 horas. A batuta levaraa o músico alemán Lars Vogt, que ademais interpretará dous concertos de Beethoven ao piano.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello colaborará con Arela na difusión do programa "CONVIVE.COMigo"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, reuniuse este xoves con Eva Piñeiro e Ánxela Álvarez, técnicas da Asociación Arela, para falar da difusión do programa CONVIVE.COMigo. Este proxecto, impulsado por Arela e a Xunta de Galicia nas provincias da Coruña e de Pontevedra, ten como obxectivo a busca de persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia...
FACENDA
Aberto o prazo para o pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles
A Concellaría de Facenda lembra aos e ás contribuíntes que dende hoxe xoves, 5 de xullo, e ata o vindeiro 5 de setembro (ambos incluídos) estará aberto o prazo para o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI).
ECONOMÍA E FACENDA
Santiago e outras sete cidades do Estado asinan a Declaración de Barcelona a favor dun financiamento local estable e xusto
As cidades de Barcelona, Cádiz, Córdoba, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Santiago de Compostela e Valencia asinaron hoxe a Declaración de Barcelona na capital catalana para reclamarlle ao novo Goberno do Estado un financiamento e fiscalidade local estable e suficiente que permita garantir dereitos sociais básicos. Ata alí acudiu a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.
LINGUA
O alcalde entrega os premios da III edición do concurso Fotolingua
O alcalde fixo entrega esta mañá do seu agasallo a Rocío Martínez, a persoa gañadora da III edición do concurso Fotolingua, impulsado polo Concello de Santiago para poñer en valor os establecementos comerciais que utilizan o galego nas súas comunicacións. Martiño Noriega visitou a tenda de agasallos Mononoke, protagonista da imaxe que obtivo máis "gústame" nas redes sociais do certame.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O CEIP Lamas de Abade estrea biblioteca froito da colaboración entre o Concello de Santiago e a Consellería de Educación
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá a nova biblioteca do CEIP Lamas de Abade, executada pola Consellería de Educación en colaboración co Concello de Santiago.
CONSORCIO
Dúas músicas galegas tocarán como solistas coa RFG xunto con outras mozas procedentes de Francia, Holanda e Rusia
O VIII Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos e doutros países, clausúrase este mércores, 4 de xullo, como é habitual, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a dúas músicas noveis de Galicia e tamén a intérpretes procedentes de Francia, Holanda e Rusia. Esta cita terá lugar ás 20:30 horas no...