CONVIVENCIA
O programa de Educación Viaria da Policía Local chega ao alumnado de Bacharelato
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local vén de levar o seu plan formativo, por primeira vez, ás aulas de primeiro curso de Bacharelato. Case 500 alumnos/as participaron nestas actividades, que se desenvolveron dende o 19 de abril ata o 18 de maio.
MOCIDADE
Comeza a inscrición para as dúas quendas do campamento de verán "Surf Camp"
A Concellaría de Mocidade organiza un ano máis o campamento de verán Surf Camp, que se desenvolverá en dúas quendas, do 3 ao 10 e do 13 ao 20 de xullo, en Cangas do Morrazo. Este luns abriuse o prazo de inscrición, que rematará o 9 de xuño.
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día das Letras Galegas coa entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o 17 de maio
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro mércores, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, ata que se esgoten as existencias.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Clausurada a XVII Campaña de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu unha sesión de contos e música coa que se pechou a XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu á actividade.
ALCALDÍA
Entregados os premios "Enreguéifate 2017"
O Auditorio de Galicia acolleu esta mañá o II Encontro Regueifesta de improvisación oral en verso, un encontro ao que acudiron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas obras de pavimentación no rural por case 250.000 euros
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe dous lotes de obras de mellora da pavimentación en diferentes parroquias do rural de Compostela, enmarcadas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña correspondente a 2016.
ALCALDÍA
Recepción ás persoas participantes no Congreso Fiare Banca Ética
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu as persoas participantes na Asemblea de Socios de Fiare Banca Ética, que se celebra este sábado, simultaneamente, en Santiago de Compostela e en Turín (Italia).
ALCALDÍA
O Arteal Tenis de Mesa continúa sumando éxitos
O alcalde de Santiago, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu no Pazo de Raxoi aos xogadores e xogadoras do Arteal Tenis de Mesa que veñen de gañar, tanto por equipos como en categoría individual masculina como feminina, o Campionato Galego de Tenis de Mesa, celebrado en Noia o pasado fin de semana. Martiño Noriega felicitou os/as deportistas dun club que segue colleitando éxitos na elite deste deporte. Encabezaba a delegación o presidente do Arteal, José Alborés.
FESTAS
Antonio Carmona substituirá a Kiko Veneno no concerto do sábado da Ascensión
O artista catalán Kiko Veneno vén de comunicar que, por motivos de saúde, vese obrigado a cancelar o concerto que tiña previsto para o sábado 27 de maio no marco das festas da Ascensión.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a programación de verán dos departamentos de Educación e de Mocidade
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a programación de verán dos departamentos municipais de Educación e Mocidade. No caso da concellaría de Manuel Dios, recibiu luz verde o programa municipal de conciliación Escolas de Verán 2017, para o que se abre o prazo de inscrición entre os días 15 e 29 de maio.