CENTROS SOCIOCULTURAIS

Citas esta fin de semana en Cornes e na Gracia co programa "Imos ao baile 2016"

05/02/2016

O programa Imos ao baile 2016 ten este sábado dúas novas citas no marco da programación do Entroido, na Gracia e na Casa das Asociacións de Cornes. Esta iniciativa, que arrancou o pasado 30 de xaneiro cun baile no CSC de Laraño, ten previsto este ano 28 bailes, repartidos entre diferentes centros socioculturais e a devandita Casa das Asociacións.

Ler máis

TURISMO

Aríns e O Eixo celebran esta fin de semana o Entroido dos Xenerais da Ulla

05/02/2016

O Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, chega esta fin de semana a dúas parroquias de Santiago: Aríns e O Eixo. En Aríns, o atranque será o sábado, ás 18:30 horas, no campo da festa, na rúa San Martiño. No Eixo será o domingo, no campo da festa da parroquia, ás 19:00 horas. Na pasada fin de semana xa tiveron lugar os atranques de Marrozos e Angrois.

Ler máis

ALCALDÍA

A próxima semana comezarán os traballos para eliminar as fochancas máis perigosas

05/02/2016

A próxima semana comezarán os traballos de reparación dalgunhas das fochancas máis graves da cidade. Anunciouno o alcalde, que explicou que o Concello habilitou un procedemento de emerxencia para poder actuar nos puntos que, segundo informes da Policía Local, son perigosos para a seguridade viaria. Martiño Noriega explicou que "as obras nas fochancas continuarán nos próximos meses, a través doutros procedementos que xa están tamén en tramitación".

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O edil de Medio Ambiente defende en Madrid o proxecto da Vía Verde Santiago-Ordes

04/02/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia volveu defender onte en Madrid o proxecto da Vía Verde Santiago-Ordes, que o Goberno local está intentando recuperar en colaboración cos concellos de Oroso e Ordes. Aproveitando a súa viaxe para recoller un premio no Ministerio de Agricultura, Xan Duro mantivo dúas reunións con ADIF e coa Fundación de los Ferrocarriles Españoles, para lles pedir o seu apoio a unha actuación da que se empezou a falar en 2008.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS E CONVIVENCIA

A segunda fase das obras da rúa Montero Ríos obrigará a cortar dende o vindeiro luns o tramo entre Rosalía de Castro e Rapa da Folla

04/02/2016

O vindeiro luns, 8 de febreiro, iniciarase a segunda fase das obras de humanización da rúa Montero Ríos. Os traballos obrigarán a cortar totalmente, durante un período aproximado de dous meses, o tramo comprendido entre as rúas Rosalía de Castro e Rapa da Folla. Só poderán acceder os vehículos dos garaxes afectados.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Compostela suma xa máis de 200 hortas municipais para o uso da veciñanza

04/02/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou este mediodía A Almáciga, para coñecer as hortas municipais que se van poñer a disposición da veciñanza a partir do próximo mes, xunto coas da Caramoniña e das Brañas de Sar. Xan Duro mostrouse satisfeito por recuperar por fin este espazo, que está vinculado ao corredor verde entre Bonaval e A Almáciga, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte.

Ler máis
Compartir: