COMERCIO

Primeira toma de contacto de Marta Lois cos representantes das asociacións comerciais Compostela Monumental e Em-Rede

13/07/2015

Este pasado venres celebrouse a primeira das reunións coas que a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, está tomando contacto coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar coa presidenta da Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca Em-Rede, Eva López, e co Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, representado polo seu presidente, José Manuel Bello; o xerente, José Ángel Blanco; e o asesor xurídico, Javier Olmo.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Al Ayre Español estrea a súa versión das "Trio sonatas, opus 2" de Haendel no Via Stellae

13/07/2015

O Festival Via Stellae chega ao seu último tramo tras varios días ofrecendo propostas musicais variadas en espazos singulares da cidade. Na xornada do martes 14 de xullo poderemos escoitar a Al Ayre Español, dirixidos por Eduardo López Banzo, a partir das 20:30 horas no Salón Teatro. Estrearán a súa versión integral das Trio sonatas, opus 2 de Georg Friedrich Haendel nun concerto que leva por título Xenio, delicadeza, inventiva… Haendel. Integral das sonatas opus 2.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Compostela terá unhas festas do Apóstolo diversas, descentralizadas e abertas, con todas as súas actividades de balde

10/07/2015

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa das festas dos Apóstolo, que arrancarán o venres 17 de xullo co pregón da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Serán 15 días de actividades, todas de balde, as que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello buscará outro emprazamento para o Centro Sociocultural do Casco Histórico

10/07/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Entre eles destacou a suspensión temporal das obras na parroquia de Angrois por cautela arqueolóxica, a prórroga do contrato do local sociocultural do casco histórico e a aprobación do texto do convenio para a xestión do servizo de comedor escolar.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

La Bellemont e Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid, próximas propostas do Via Stellae

10/07/2015

La Bellemont e Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid son as vindeiras propostas que nos trae a Compostela o Via Stellae. La Bellemont estarán este sábado, ás 20:30 horas, na Capela da Orde Terceira co programa Bach en trío. As tres sonatas para viola de gamba e clave obrigado, con entrada libre previa retirada de invitación. Pola súa banda, Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid tocará o luns, ás 20:30 horas, no Salón Teatro, presentando As bágoas do Anxo. Arias de ópera e cantatas de Haendel e...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Romina Basso & Alberto Mesirca e Roberto Oliveira noutra xornada do Via Stellae

09/07/2015

A mezzosoprano Romina Basso e o guitarrista Alberto Mesirca darán un concerto dentro do Festival Via Stellae este venres 10 de xullo, a partir das 20:00 horas, na igrexa de San Fiz de Solovio. Completa o programa do día o percusionista Roberto Oliveira no Salón Teatro, ás 22:00 horas, dentro da sección Off#Stellae… improvisando!!. As entradas para os dous concertos son de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21.00 h) e, de quedar algunha invitación, dende unha hora...

Ler máis
Compartir: