CULTURA

Concerto especial da Banda Municipal de Música con Abe Rábade

14/11/2014

O concerto do domingo 16 representa un reto para a Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Juan Miguel Romero, e unha oportunidade única de gozar dun programa extraordinario. Será ás 12:00 horas, no Teatro Principal, e a formación interpretará Rhapsody in Blue, de G. Gershwin, e a Sinfonía do Novo Mundo, de A. Dvorak.

Ler máis

CONSORCIO

Rematan as obras no Teatro Principal, centradas na mellora da accesibilidade e dos sistemas eléctrico e de climatización

14/11/2014

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago comezou en agosto as obras no Teatro Principal, destinadas á mellora da accesibilidade e á realización de diversas tarefas de renovación e acondicionamento para resolver os problemas e carencias que presentaba o inmoble. As diferentes intervencións, cun orzamento global de 59.541,04 euros, foron executadas pola empresa Elecnor Infraestructuras, S.A.

Ler máis

COMERCIO

O Mercado da Quintana abre o prazo de inscrición para artesáns, comerciantes, produtores e restauradores

14/11/2014

O Concello de Santiago de Compostela e Turismo de Galicia organizan a 1ª edición do Mercado da Quintana, no que poderán participar, exhibindo e vendendo os seus produtos, pezas e coleccións de decoración e produtos de Nadal, artesáns, produtores, comerciantes e restauradores. Participar no Mercado da Quintana será de balde para expositores e visitantes, aínda que os comerciantes, artesáns, produtores e restauradores que queiran exhibir e vender as súas pezas e produtos deberán preinscribirse con...

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello únese á celebración do Día dos Dereitos do Neno/a cun pleno infantil e cunha xornada lúdica para os máis pequenos

13/11/2014

O Concello de Santiago súmase á celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno/a, o xoves 20 de novembro, unha xornada de reflexión en torno ás problemas da infancia, dirixida a fomentar un maior interés da cidadanía na promoción dos dereitos dos/as nenos/as. Nesta edición, a conmemoración está especialmente dedicada ao dereito ao xogo.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello estudará a ampliación da parcela cedida a Down Compostela para facilitar as súas actividades hortícolas de inserción

13/11/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a sede da Fundación Down Compostela, na rúa Alejandro Novo González. Alí reiterou o apoio municipal ao labor realizado por esta entidade e anunciou que o Concello estudará a posible ampliación da parcela que rodea a esta sede, onde a Fundación realiza actividades hortícolas co fin de mellorar a inserción laboral.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme "A quimera do ouro"

13/11/2014

No marco da 28ª edición do festival Cineuropa, este venres 14 de novembro proxectarase o filme A quimera do ouro, de Charles Chaplin. Será ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do seu director titular e artístico, Paul Daniel.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cita con Imos ao baile no CSC de Vite

13/11/2014

Nova cita con Imos ao baile, programa para maiores promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Será este sábado 15 de novembro, a partir das 17:30 horas, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Ler máis
Compartir: