CULTURA

As Churras presentan "A Triloxía: Clitemnestra- Electra-As Furias" na Zona "C"

09/10/2012

O director-xerente do Auditorio de Galicia e Xiana Carracelas e Iria Sobrado, dúas das compoñentes do colectivo As Churras presentaron o seu novo traballo, A Triloxía: Clitemnestra-Electra-As Furias, que presentarán este mes na Zona "C". Será os venres, sábado e domingos dende este venres, día 12, ata o domingo 28. Os venres e sábados representaranse, respectivamente, Clitemnestra e Electra ás 20:30; e os domingos poderemos ver As Furias a partir das 19:30 horas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio programa talleres infantís na nova sede do Museo das Peregrinacións

09/10/2012

O sábado 13 de outubro comezará a funcionar na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, o servizo de talleres infantís. O Consorcio de Santiago programou tres sesións cada fin de semana, orientadas a nenos de entre 6 e 12 anos: os sábados ás 12:00 e 18:00 horas e os domingos ás 12:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Unha comisión de traballo integrada por Concello, Xunta e Fomento activará o proxecto da estación intermodal do Hórreo

08/10/2012

O vindeiro luns, 15 de outubro, constituirase en Madrid unha comisión de traballo integrada por técnicos do Concello, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento, para avanzar no desenvolvemento do proxecto de estación intermodal. Así o anunciaron o alcalde, Ángel Currás, e a ministra de Fomento, Ana Pastor, tras a reunión mantida entre ambos en Raxoi.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago asiste en Noruega a unha reunión do Proxecto Certo para a promoción do Camiño en Europa

08/10/2012

Turismo de Santiago participará mañá martes en Trondheim, Noruega, nunha reunión técnica do Proxecto Certo, no que entidades de catro países promocionan conxuntamente tres Itinerarios Culturais Europeos que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxen e a Ruta de San Olaf.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago amosa a cidade a touroperadores e axentes de viaxe rusos

06/10/2012

Un grupo de 17 touroperadores e axentes de viaxe rusos puideron coñecer onte a cidade da man de Turismo de Santiago, grazas a unha viaxe de familiarización organizada por Turgalicia e no que colabora a empresa municipal de promoción turística. O obxectivo é que se inclúa a Santiago dentro das ofertas de viaxes organizados a España para o mercado emisor ruso, que actualmente é o de maior crecemento no conxunto do país.

Ler máis
Compartir: