GRÚA E ORA

O novo servizo de grúa optimiza recursos e ofrece máis facilidades de pago e de retirada do vehículo ao condutor sancionado

09/07/2012

O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Tráfico, Grúa e ORA, Albino Vázquez, presentou o novo servizo da grúa nunha rolda de prensa celebrada na nova parcela do depósito de vehículos, no polígono da Costa Vella. O servizo permitirá optimizar recursos, achegará unha maior seguridade xurídica e dará ao usuario máis facilidades para retirar os seu vehículo.

Ler máis

COMERCIO

Santiago de Compostela será un ano máis a plataforma de exhibición da moda galega

09/07/2012

Presentouse oficialmente a VII edición de Galicia Fashion Week, que se celebrará do 10 ao 15 de xullo en Santiago de Compostela. Na rolda de prensa participaron a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis; Jose Matteos, director de GFW, Inma Bernal, en representación de Mercedes Benz, patrocinador oficial de GFW; e María Mera, presentadora dos desfiles.

Ler máis

TURISMO

Abertas as rutas de tapas por once restaurantes da cidade

09/07/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto con varios concelleiros do Goberno local, representantes dos partidos políticos da Corporación municipal e colaboradores da iniciativa fixeron unha pequena ruta por dous restaurantes participantes en Tapéate Compostela. Primeiro estiveron no restaurante Acio e logo en O Curro da Parra.

Ler máis

UMAD

Residentes de psiquiatría e psicoloxía do CHUS formaranse na UMAD

06/07/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asinou un convenio de colaboración co xerente da Área de Xestión Integrada de Santiago do SERGAS, Luis Verde, para o desenvolvemento de parte da formación de residentes da unidade docente psiquiátrica e psicolóxica clínica na Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).

Ler máis

EDUCACIÓN

Unha exposición en Fonseca propón un percorrido por utensilios que se revelaron coma imprescindibles

06/07/2012

O lapis, a cremalleira, o clip, o apósito, o taco de parede, o velcro ou a pinza para tender son inventos que pasan desapercibidos no día a día, afeitos xa ao seu uso habitual, pero que modularon a nosa existencia de forma concluínte e evidente. Ata o 29 de agosto, o Colexio de Fonseca achegará o público espectador ás pequenas ou grandes historias que hai detrás deses obxectos cotiáns.

Ler máis

EDUCACIÓN

Os rapaces das Escolas de Verán convertéronse en pequenos científicos na primeira semana de actividades

06/07/2012

Na primeira semana das Escolas de Verán 2012, os nenos e nenas participantes tiveron a oportunidade de converterse en pequenos científicos grazas a unha serie de actividades en torno ao medio ambiente, a bioloxía, a astronomía e os inventos. O programa continúa ao longo do mes de xullo nos CEIP Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e Fontiñas. Asisten máis de 200 nenos e nenas.

Ler máis
Compartir: