CENTROS SOCIOCULTURAIS E TRÁFICO

Charlas da Policía Local para persoas maiores do rural compostelán

12/12/2013

A colaboración entre as concellerías de Tráfico e Seguridade Cidadá e de Centros Socioculturais e Participación Cidada fai posible que o martes 17 de decembro, nos locais socioculturais de Marantes e de Figueiras se desenvolvan dúas charlas impartidas por axentes da Policia Local. Levan por título "Mira que te miren" e están dirixidas a persoas maiores, cunha orientación educativa para a prevención dos riscos que supón andar polas beirarrúas e beiravías en zonas rurais.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno asigna os postos de venda ambulante no Casco Histórico

12/12/2013

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou as autorizacións de postos de venda ambulante no Casco Histórico. Ademais, informouse favorablemente á ampliación nunha hora da apertura dos establecementos hostaleiros durante o Nadal e prorrogouse o uso de dúas parcelas de Santa Marta como estacionamento de bordo.

Ler máis

COMERCIO

A segunda edición do Mercado da Estrela volverá ser unha gran festa do Nadal

12/12/2013

O Concello de Santiago apoia por segundo ano a celebración do Mercado da Estrela. Esta gran festa do Nadal serve de escaparate do traballo de novos creadores galegos, artistas, artesáns e novos emprendedores de disciplinas como a ilustración, a moda, os complementos, os cosméticos, a fotografía ou a gastronomía. É unha oportunidade para que as súas creacións se convertan nun agasallo de Nadal. E todo isto acompañado de música, obradoiros e outras moitas actividades.

Ler máis

COMERCIO

Aberta a pista de xeo da Alameda

12/12/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto cos concelleiros de Comercio, Reyes Leis, e de Festas, Francisco Noya, inaugurou na Alameda a pista de xeo, que estará aberta ata o 2 de febreiro.

Ler máis

XUVENTUDE

Primeiro dos concertos para grupos emerxentes de Compostela

12/12/2013

A Concellería de Xuventude con fin de visibilizar o traballo dos novos grupos de música da cidade, organiza dous concertos, nos que estarán presentes catro grupos que ensaian nos Locais de Música para a Xuventude de Compostela. O primeiro destes concertos celebrarase este venres, as 21:00 horas, na Sala Sonar, coa participación de Hellorice, gañadores do último MúsicaXove, e Roberto Sobrado.

Ler máis

CULTURA

Curtocircuíto remata a súa décima edición coa entrega de premios

12/12/2013

Curtocircuíto, festival organizado polo Concello de Santiago, co-financiado pola Deputación da Coruña e coa colaboración de diversas entidades, remata este venres a súa décima edición coa entrega de premios ás 20:30 horas na Zona C. No acto de clausura, no que participarán o alcalde, Ángel Currás, e o deputado provincial Ramón Tojo Lens, pasarase a curtametraxe gañadora do programa internacional. Ademais, actuará o DJ Toni B. Willis para acompañar o viño galego que se servirá...

Ler máis

ECONOMÍA

Xornada sobre emprendemento no CGAC

11/12/2013

A concelleira de Economía, Reyes Leis, asistiu no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ao Encontro Galicia Emprende "O novo impulso da Xunta á creación de empresas", promovido polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Ler máis

COMERCIO

A Concellería de Comercio pon en marcha un concurso para seleccionar a imaxe comercial do barrio de San Pedro

11/12/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou en rolda de prensa as bases para a selección da imaxe-marca da sinaléctica comercial do barrio de San Pedro, ao abeiro do programa europeo Urbana Santiago Norte, financiado con fondos FEDER. As propostas serán sometidas a votación popular e, de entre os cinco traballos máis votados, o xurado seleccionará a gañadora, que recibirá 3.000 euros.

Ler máis
Compartir: