ESPAZOS CIDADÁNS
O Pleno debaterá a suspensión da concesión de licenzas no antigo Colexio Peleteiro e da parte privada da Finca do Espiño
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe de dúas propostas que levará para o seu debate no Pleno da Corporación do próximo xoves, relativos ao ámbito do antigo Colexio Peleteiro e á parte privada da Finca do Espiño. Jorge Duarte explicou que se trata de dúas propostas para a suspensión temporal de concesión de licenzas, que van vinculadas á posible modificación da ordenación urbanística dos dous ámbitos
ALCALDÍA
O Concello homenaxeou a Carlos Casares na súa praza en Compostela
O Concello de Santiago rendeu homenaxe a Carlos Casares horas antes do Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao escritor ourensán. O acto, presidido polo alcalde, Martiño Noriega, celebrouse na praza á que Carlos Casares lle dá nome en Compostela, situada no barrio de San Lázaro.
MERCADOS
O Concello participa na campaña "Quere o teu mercado" coa conferencia "Sen conservantes nin colorantes"
Gemma Sesar e Joaquín González Dorao, autora e ilustrador da Guía Ilustrada da Praza de Santiago de Compostela, serán os protagonistas do acto central da celebración da campaña Quere o teu mercado en Santiago de Compostela, coa conferencia que impartirán o venres 26 de maio da Aula Gastronómica da Praza de Abastos. A autora compartirá coas persoas asistentes as súas lembranzas e vivencias como asidua usuaria da praza dende a súa nenez, mentres Joaquín González elaborará en.../em>
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou esta fin de semana unha vítima en Madrid.
DEPORTE
A praza do Obradoiro acollerá a I Carreira de Obstáculos pola Integración
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a I Carreira de Obstáculos pola Integración, que se celebrará na praza do Obradoiro o domingo 4 de xuño. Na rolda estivo acompañada polo director territorial de Caixabank en Santiago, Antonio Lema, e pola presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberto o prazo para anotarse no programa de conciliación de verán
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, contou esta mañá os detalles do programa de verán que cada ano organiza o seu departamento para facilitar a conciliación laboral das familias.
LINGUA
Pablo Díaz trae o seu espectáculo infantil "Tic Tac Toc" ao Auditorio dentro do programa FalaRedes
O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o espectáculo Pablo Díaz e Tic Tac Toc, que chegará o próximo sábado ao Auditorio e Galicia dentro do programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Na rolda tamén participaron o responsable deste departamento da Xunta, Valentín García, e os músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción a un grupo de escolares de Andorra ao concluír o Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibiron un grupo de escolares do Colexio María Moliner, de Andorra, que realizou o Camiño de Santiago. Os rapaces e rapazas chegaron acompañados polo presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandiantes.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece concertos en Santiago e Ourense para conmemorar o Día das Letras Galegas
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas. O primeiro terá lugar este martes no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30 horas. E o xoves 18, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas. En ámbalas dúas actuacións, gratuítas e promovidas polo Consello da Cultura Galega, levará a batuta o director asociado da RFG, o mestre compostelán Maximino Zumalave; e contarase coas voces do Coro Xove da Orquestra...
ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS
Arquivada a causa aberta a Jorge Duarte en relación aos expedientes a varios locais de hostalería
A xuíza encargada das dilixencias abertas ao concelleiro Jorge Duarte polo caso dos expedientes abertos a varios locais de hostalería notificou esta mañá o arquivo da causa, ao entender que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade non cometeu delito de prevaricación. O alcalde e Jorge Duarte informaron da decisión xudicial nunha rolda de prensa na que mostraron a súa satisfacción porque "o auto ratifique o que o Goberno defendeu ao longo de todos estes meses: que só actuou buscando a...