CONSORCIO

Conferencia no marco da exposición sobre os 75 anos do Exército do Aire en Galicia

15/07/2014

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, acolle dende a semana pasada a exposición itinerante que celebra o 75 aniversario do Exército do Aire en España. Este mércores 16 de xullo é o último día para visitar a mostra. Ás 12:00 horas celebrarase unha conferencia na que o comandante galego retirado Rafael Permuy López abordará a historia desta forza aérea en Galicia. Fará un percorrido polas principais anécdotas que tiveron lugar ao longo destes anos, con especial...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde trasládalle ao presidente da Xunta o acordo plenario de defensa da demarcación xudicial de Santiago de Compostela

15/07/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, mantivo o seu primeiro encontro institucional co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a súa toma de posesión como rexedor municipal. Na reunión avanzaron en relación a diversos proxectos da cidade nos que está implicado o Executivo autonómico, como a defensa da demarcación xudicial de Santiago, a variante de Aradas, a depuradora da Silvouta, a estación intermodal, as obras de restauración da Catedral ou a creación do Bosque de...

Ler máis

DEPORTES

Afeccionados ao ciclismo de todas as idades participaron nunha marcha urbana polas rúas de Santiago de Compostela

13/07/2014

Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrou, por primeira vez en Santiago, unha das súas emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team. A proba contou coa participación do alcalde compostelán, Agustín Hernández, que non quixo perderse esta marcha polas rúas da cidade.

Ler máis
Compartir: