NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Auditorio acolle este sábado unha representación familiar de "O Crebanoces"

13/12/2013

A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron o espectáculo O Crebanoces, que se representará mañá sábado, ás 18:30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Participou tamén na rolda de prensa a actriz protagonista do espectáculo, Larraitz Urruzola.

Ler máis

COMERCIO

Casetas con fins sociais na Alameda

13/12/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis anunciou esta mañá en rolda de prensa que durante este Nadal se instalarán no paseo central da Alameda, antes da xa estreada pista de xeo, sete casetas nas que difundirán as súas actividades diversas entidades de carácter social, e nas que tamén se recollerán alimentos, roupa e xoguetes.

Ler máis

DEPORTES

O Concello entregou os Premios Deporte Santiago nunha gala no Auditorio de Galicia

12/12/2013

O Auditorio de Galicia foi o escenario da I Gala do Deporte de Santiago, que reuniu a mais de 200 persoas e numerosos representantes institucionais, culturais, educativos e empresariais da cidade. Os recoñecementos recaeron nas personalidades, entidades e empresas que realizaron un labor máis destacado para o deporte compostelán este ano 2013: Verónica Boquete (deportista feminina), Borja Golán (deportista masculino), Obradoiro CAB (entidade deportiva), Moncho Fernández (adestrador), Muebles Compostela (patrocinio deportivo), Santiago Futsal...

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Buydeal, Pedra Salgada e Manuel Portas recibiron os galardóns Manuel Beiras pola súa promoción do uso social da lingua galega

12/12/2013

A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago entregaron os galardóns da décimo cuarta edición do Premio Manuel Beiras ás empresas Buydeal e Pedra Salgada e a Manuel Portas O certame, organizado nesta ocasión pola Cámara, recoñeceu un ano máis o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Ler máis
Compartir: