ALCALDÍA

Agustín Hernández inaugura "Picheleir@s", unha mostra que recolle algúns dos oficios con maior peso histórico na cidade

17/07/2014

O casco histórico de Santiago espertábase esta mañá cunhas bandeirolas penduradas de 30 dos seus edificios. Trátase de Picheleir@s, unha exposición do Consorcio de Santiago que recolle a maioría de oficios e profesións que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade. Cada bandeirola mostra a un persoeiro real, cun oficio particular, e sitúanse na fachada dos edificios nos que viviron ou traballaron. Ademais, estase a preparar un libro en coedición coa editorial Positivas, que se...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde busca unha posición unánime da cidade en defensa da demarcación xudicial para trasladarlla ao Ministerio de Xustiza

17/07/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os decanos dos colexios de Avogados, Evaristo Nogueira, e de Procuradores, José Paz. Na reunión tamén participaron os voceiros dos grupos municipais. Continúan así as xuntanzas con diferentes colectivos da cidade co fin de "buscar un posicionamento unánime da cidade en defensa da demarcación xudicial de Santiago, para así trasladarlla ao Ministerio de Xustiza", indicou o rexedor municipal.

Ler máis

FESTAS

O pregón de Iván Raña abrirá 14 días de variadas propostas nas Festas do Apóstolo

16/07/2014

A concelleira de Festas, María Antón presentou o programa das Festas do Apóstolo 2014, que se celebrarán durante 14 días: do 18 ao 31 de xullo. Trátase dun programa con variedade de rexistros e espectáculos para todos os gustos e idades, actividades culturais e lúdicas que conforman un programa diversificado para unha cidade plural como a nosa. As Festas comezarán este venres, día 18, co pregón dun campión do mundo que vive e se sinte identificado cao nosa cidade: o triatleta Iván Raña, que...

Ler máis

DEPORTES

Aberto ata o 24 de xullo o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2014-2015

16/07/2014

Co fin de poñer en funcionamento as instalacións deportivas municipais (pavillóns, campos de fútbol, pistas de atletismo…) para a vindeira tempada, a Concellería de Deportes pon en coñecemento de todas as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico (principalmente as de competición e as vinculadas aos centros de ensino) e que estean interesadas no uso das devanditas instalacións, que o prazo oficial de solicitude estará aberto ata o xoves 24 de xullo.

Ler máis

CULTURA

Santiago e outras 14 cidades españolas, francesas e portuguesas asinan o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico

15/07/2014

A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, asinou este martes en Bilbao o convenio marco do Camiño Cultural Atlántico, concibido como unha ruta costeira entre o sueste de Francia, Norte de España e Norte de Portugal. O documento foi subscrito tamén por alcaldes e representantes municipais de Bilbao, Biarritz, San Sebastián, Santander, Gijón, Oviedo, Avilés, Vigo, Braga e Guimaraes. As outras catro cidades implicadas (Burdeos, Bayona, A Coruña e Porto), suscribirá este mesmo acordo en datas próximas,...

Ler máis

REHABILITACIÓN

Novos horarios durante o verán para as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte

15/07/2014

Continúa o programa de visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte iniciado o pasado mes de maio co obxectivo de explicar e contar in situ a súa historia. As visitas programadas para os meses de xullo, agosto e setembro -de carácter divulgativo e didáctico- están abertas ao público en xeral. Nos meses de outubro e novembro as visitas destinaranse aos grupos escolares.

Ler máis
Compartir: