ALCALDÍA E TURISMO
Comeza Santiago(é)tapas con 68 locais participantes e 101 tapas a concurso
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Turismo, Marta Lois; a presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras, inauguraron a undécima edición de Santiago(é)tapas, que se celebra do 15 de novembro ao 2 de decembro. O grupo achegouse ata o local gañador do Premio do Público do 2017, o Artesana Gastrobar.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Admitidas todas as solicitudes en regra para o Programa de Conciliación de Nadal, que se realizará no CEIP Monte dos Postes
Rematado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que se admitiron todas as solicitudes acompañadas da documentación requirida. Unicamente se excluíron catro solicitudes por non presentar o xustificante de pago.
PLENO
A Corporación dá o visto bo definitivo á modificación da Ordenanza de Ruídos
O Pleno da Corporación aprobou hoxe, de maneira definitiva, a modificación da Ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos, vibraciósn e condicións dos locais. Trátase da normativa que permitirá que os establecementos de hostalería programen espectáculos de música ao vivo, sempre que se cumpran as condicións establecidas na propia ordenanza.
EMPREGO
O Concello impulsa unha campaña para reclamar traballo digno no fogar e nos coidados
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe a campaña Traballo digno, no fogar e nos coidados, que impulsa o Concello de Santiago para visibilizar e investigar sobre a realidade de discriminación e vulneración na que se atopan as mulleres que traballan en emprego do fogar e en coidados. Na rolda estivo acompañada da coordinadora da mesma, Carmen Castro.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal celebra o centenario do nacemento de Leonard Bernstein con Isabel María Rubio como directora convidada
A Banda Municipal de Música converterá o seu concerto do próximo domingo no Teatro Principal nunha homenaxe a Leonard Bernstein, no centenario do nacemento do compositor. Farao, ademais, con Isabel María Rubio como directora convidada.
ALCALDÍA E SAÚDE
Compostela conmemora o Día Mundial da Diabetes
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, sumáronse hoxe á conmemoración do Día Mundial da Diabetes. Martiño Noriega e Concha Fernández achegáronse este mediodía á carpa informativa que a Asociación Compostelá de Diabéticos instala cada 14 de novembro na praza do Toural, onde tiveron oportunidade de controlar os seus niveis de glucosa.
CONSORCIO
Unha publicación analiza as monteas do século XVIII achadas na igrexa do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar o libro Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, unha obra do historiador Miguel Taín Guzmán e do arquitecto José Calvo López. Presentouse este mércores na Fundación Torrente Ballester. No acto estiveron, ademais dos autores, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan...
CONSORCIO
Este venres, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición que percorre os 170 anos da Banda Municipal
A exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, situada na Casa do Cabido dende mediados do pasado mes de setembro, fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes ata a actualidade. O derradeiro día para visitala é o vindeiro venres, 16 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
DECLARACIÓN
Santiago únese a outras 41 cidades do mundo para facer unha fronte común ante as grandes plataformas dixitais
Santiago de Compostela e outra 41 cidades de todo o mundo, como Amsterdam, Barcelona, Lisboa, Madrid, Montreal, Nova York, París, São Paulo, Seúl, Milán ou Viena uníronse mediante unha Declaración de Principios e Compromisos das Cidades Colaborativas para reivindicar a soberanía das cidades e facer fronte común para negociar coas grandes plataformas dixitais que xeran un impacto negativo coa súa actividade económica, como Airbnb ou Uber. Foi no marco da Sharing Cities Summit 2018, celebrada en Barcelona no marco da Smart...
EMPREGO
Preto de 3.500 persoas participaron en Talentia
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou hoxe Talentia 2018, o espazo aberto polo emprego que se desenvolveu no Palacio de Congresos os dias 13 e 14 de novembro, organizado polo Departamento de Emprego do Concello de Santiago.