CULTURA
‘Lo real’, intervención de María Castellanos Vicente
A Zona C continúa a programación de intervencións artísticas coa inauguración da proposta de María Castellanos Vicente neste espazo de uso múltiple. Será esta noite ás 20.00h e contará coa presenza da artista, da concelleira de cultura María Antón Vilasánchez e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou Fernández. María Castellanos obtivo o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013, un premio con asignación económica e que...
ALCALDIA
Agustín Hernández describe os retos para afrontar o futuro de Compostela na conferencia de clausura dos actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, pechou hoxe os actos do 125 aniversario da Cámara de Comercio cunha conferencia na que repasou o pasado da cidade e describiu os retos para afrontar o futuro.
Optimista cara ao futuro de Compostela, Agustín Hernández considera que será preciso afrontar de inmediato o despege da acusada dependencia do sector servizos e camiñar cara ao fortalecemento da actividade empresarial, tanto no relativo ao nivel de produción como á oferta de traballo.
E para...
DEPORTES
Máis de 1.000 persoas pecharán o ano polas rúas da cidade na segunda edición da San Silvestre, que nesta ocasión terá como meta a praza do Obradoiro
A concelleira de Deportes, María Corral, presentou a segunda edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que pretender culminar dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira celebrarase o mércores 31 de decembro ás 18.00 horas, cun percorrido renovado e máis atractivo: con saída na Porta dos Leóns da Alameda e chegada na Praza do Obradoiro. Espérase a participación de máis de 1000 atletas, superando os 700 da pasada edición.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura unha exposición sobre libros despregables con temática de Nadal que chega a España por primeira vez
Agustín Hernández inaugurou na Biblioteca Xeral do Pazo de Fonseca a exposición "Nadal en tódalas dimensións", comisariada polo escritor Xosé Antón Neira Cruz, e que trae a España por primeira vez os libros despregables coleccionados pola profesora americana Betty Tissinger.
CULTURA
‘3 sopranos, 3 estilos’ no Todo Lírica de 2014
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o programa que traerá o 20 de decembro a Ángeles Blancas con cancións de cabaré e o 28 a Carmen Romeu con canción popular francesa; xa o 3 de xaneiro chegará a copla da man de Mariola Cantarero.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a vinculación da RAE con Santiago na presentación da vixesimoterceira edición do Diccionario da Lingua Española
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañou o presidente da Real Academia Española, Darío Villanueva, a quen felicitou pola súa recente elección, na presenteción en Santiago da edición do Tricentenario do Diccionario da Lingua Española.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas citas esta semana para que cidadáns e visitantes preparen a decoración da Árbore das Ilusións
O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa "A árbore das ilusións", que busca decorar entre todos e para todos a árbore de Nadal situado xa na praza Roxa.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais acolle unha exposición de instrumentos de vento fabricados en España nos últimos 30 anos
A mostra, que reúne diferentes modelos de trompetas, trombóns e trompas, poderá visitarse este mércores.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago de Compostela resolve un accidente causado por un vehículo que se deu á fuga
A Unidade de Atestados da Policía Local de Santiago de Compostela resolveu un accidente con danos materiais causado por un vehículo que se deu á fuga a madrugada do domingo día 7 de decembro. A forte colisión produciuse contra un vehículo estacionado, que como resultado deste impacto desprázase cara a adiante causando danos nunha árbore e impactando contra outro vehículo estacionado.
MOVILIDADE
Cortes de tráfico en horario nocturno na SC-20 Avda. Antón Fraguas e Túnel do Hórreo os días 16,17, 18 e 19 de decembro
Con motivo da realización dos estudos previos necesarios para a execución das obras do túnel de Conxo será necesario levar a cabo cortes de tráfico entre os días 16 e 19 de decembro. Estas restricións serán en horario nocturno co obxectivo de causar a menor afección posible á circulación.
Os estudos consisten sobre todo na realización de catas e medicións sobre o terreo, e son imprescindibles para as obras do túnel de Conxo, que comezarán a partires do 12 de xaneiro. En breves...