SOLIDARIEDADE

O Multiúsos Fontes do Sar acolleu un maratón deportivo solidario con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama

19/10/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, asistiron no Multiúsos Fontes do Sar ao maratón deportivo solidario Pink Power, celebrado con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Houbo clases dirixidas de zumba, capoeira e bodycombat na pista central do recinto, ademais de actividades para os máis pequenos. Os participantes debían realizar un donativo de 5 euros, destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde afirma que o Museo de Historia Natural permitirá apreciar a mellor colección do patrimonio histórico científico de Galicia

18/10/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, asistiu á inauguración do Museo de Historia Natural da USC "Luis Iglesias". As novas instalacións, deseñadas polo arquitecto César Portela, son xestionadas pola Universidade tras ser cedidas polo Consorcio de Santiago, encargado da súa construción. Este centro é o continuador do Gabinete de Historia Natural creado na USC en 1840 e conserva moitas coleccións do século XIX, o que o converte nun proxecto científico único.

Ler máis

CULTURA

"Wild Wild Wilde" con Los Lunes e concerto de Yul Ballesteros Cuarteto esta fin de semana

17/10/2014

Na programación cultural desta fin de semana, ademais das propostas das Xornadas de Música Contemporánea haberá teatro e Sons’14 Jazz. A compañía madrileña Los Lunes presenta Wild Wild Wilde no Teatro Principal dentro do ciclo Teatro & Danza. Será este sábado, ás 21:00 horas, cando poderemos ver esta obra de José Ramón Fernández sobre textos de Óscar Wilde. Tamén no Principal pero xa o domingo, estará en concerto Yul Ballesteros dentro do ciclo Sons’14 Jazz.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello investirá 1,6 millóns de euros na humanización da rúa de Montero Ríos

17/10/2014

A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto básico e de execución da humanización da rúa de Montero Ríos. Esta obra suporá un investimento de case 1, 6 millóns de euros e permitirá reurbanizar unha rúa principal na armazón da cidade e unha das poucas do Ensanche sobre a que non se interveu nas últimas décadas.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Iníciase a contratación das obras do novo Centro Xove de Creación Cultural

17/10/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno do procedemento de licitación do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, por un importe de 229.722 euros e un prazo de execución de seis meses. Apuntou que este avance é posible tras desbloquear a situación dun proxecto que acumulaba un considerable retraso.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Compostela suma novos proxectos cara a súa configuración como cidade intelixente

17/10/2014

A Xunta de Goberno acordou o texto dun convenio a subscribir con catro empresas dedicadas ao desenvolvemento de aplicacións de I+D+i, para establecer un marco estable de colaboración dirixido a constituír un banco de probas de proxectos intelixentes aplicables no ámbito das actividades e funcións da Administración municipal. Así, o Concello segue a sumar proxectos en prol da configuración de Santiago de Compostela como cidade intelixente (smart city).

Ler máis

CULTURA

Santiago acollerá a II edición de Cuarto Público, unha singular feira de arte contemporánea

16/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, asistiu á rolda de prensa de presentación da segunda edición de Cuarto Público, Feira de Arte Contemporánea, que se celebrará no Hotel NH Obradoiro os días 28, 29 e 30 de novembro. Tamén participaron no acto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director do Hotel, Esteban Iglesias; e as directoras da Feira, Patricia Amil, Paula Cabaleiro e Xulia Santiso.

Ler máis
Compartir: