ALCALDÍA

O Conselleiro Laboral de España en Arxentina recibe ao alcalde

17/03/2007

Na primeira xornada da súa visita institucional a Bos Aires, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, departiron co Conselleiro Laboral de España en Arxentina, o sevillano Rafael Herrera.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Fin de semana de saldos en "Outlet Compostela"

17/03/2007

O recinto feiral de Amio acolle os días 16 e 17 de marzo "Outlet Compostela", no que participan 78 comercios. Todos os cidadáns que queiran asistir dispoñen de autobuses gratuitos que saen cada hora dende a Praza de Galicia coincidindo cos horarios de apertura da feira de saldos.

Ler máis

CULTURA

"Un cuento de invierno", de Shakespeare, no Auditorio de Galicia

16/03/2007

O programa Teatro en Xira, organizado pola Concellaría de Cultura co patrocinio da Fundación Caixa Galicia, ofrece o sábado 17 a obra de William Shakespeare "Un cuento de invierno". Os espectadores que queiran acudir á representación, que terá lugar no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas, poden retirar as entradas alí mesmo ata media hora antes do comezo da función, ou ben a través das oficinas de Caixa Galicia, a un prezo de 15 euros (7.50 para estudantes e xubilados).

Ler máis

EMPREGO

230 persoas inscribíronse no que vai de 2007 na Bolsa de Emprego xestionada por Promoción Económica

16/03/2007

No que levamos do ano 2007, 230 persoas inscribíronse na Bolsa de Emprego ubicada nas instalacións que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten na rúa Hórreo, número 100, inauguradas o 19 de decembro do 2006. 156 dos inscritos son mulleres, o que representa o 68% do total, e o resto, 72, o 32%, son homes. Unha media diaria de 30 persoas solicitan algún tipo de información sobre emprego, a metade persónanse no local e o resto infórmanse a través do teléfono 981 568 752.

Ler máis

REHABILITACIÓN

A rehabilitación integral dos barrios, a debate en Compostela

15/03/2007

Os días 22, 23 e 24 de marzo celebraranse en Santiago as xornadas "Barrios en (re)construción. Novas ideas para a rehabilitación integral dos barrios na cidade futura". A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentou este evento, que se enmarca no proceso de cualificación de áreas de rehabilitación integral (ARI) no que está a traballar o Concello.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo: "Reabrir o debate sobre o trazado do AVE suporía unha total irresponsabilidade que recaería sobre os que a aceptaran"

15/03/2007

O alcalde compostelán expresou o seu rexeitamento ás manifestacións realizadas polo presidente da Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), Antonio González Marín, na súa comparecencia parlamentaria, sobre a posibilidade de modificar o trazado do AVE ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón, Sánchez Bugallo, considera que aceptar a posibilidade de reabrir este debate "suporía unha total irresponsabilidade que recaería sobre os que a aceptaran".

Ler máis
Compartir: