CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo celebra a súa XXIII Semana cultural

09/09/2008

O día 9 comeza a XXIII Semana Cultural do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre do barrio de Conxo. A primeira actividade desenvolverase xa ás 17:00 h. consistindo nun taller de deseño de camisetas. Posteriormente, ás 20:00 h, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García, participará na inauguración da XXIII Semana Cultural coa presentación da exposición CX en imaxes, e coa posterior actuación dos grupos de pandereteiras Brincadeira e de Conxo

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O 30 de setembro remata o prazo para solicitar subvencións destinadas a novas empresas

09/09/2008

O 30 de setembro remata o prazo para solicitar as Axudas para a creación de novas empresas e para presentarse ao Concurso de novas ideas empresariais. Ambas convocatorias, que contan cun orzamento conxunto de 68.000 euros, enmárcanse no programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008 que leva a cabo a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Este programa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.

Ler máis

TRANSPORTES

O transporte urbano amplía os seus servizos no novo horario de inverno

08/09/2008

O vindeiro 11 de setembro comezará a nova tempada dos horarios de inverno 2008 – 2009. A súa posta en marcha, presentada polo concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, supón un importante incremento de frecuencias con respecto ao verán así como a incorporación de novos servizos que non funcionan na época estival como é o caso da liña 9.

Ler máis

CULTURA

A canción francesa será o fío condutor do IX Ciclo de Lied

08/09/2008

Esta mañá deuse a coñecer en rolda de prensa o IX Ciclo de Lied, que organizan a Concellaría de Cultura, a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e mais a Asociación Galega da Lírica (AGL). A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o presidente da AGL, Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo, que este ano irá dedicado á canción francesa.

Ler máis

EDUCACIÓN

A galescola de San Roque ofrece 61 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

05/09/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a escola infantil de San Roque, o terceiro equipamento destas características que pon en marcha o Concello e ao que se sumarán outros dous en breve no Polígono do Tambre e no Parque da Constitución. No acto, no que tamén estivo presente o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o rexedor da capital galega salientou o esforzo que están a realizar as administracións á hora de incrementar as prazas de infantil na cidade.

Ler máis

CULTURA

Este luns publícase o censo provisorio do Consello de Compostela Cultura

05/09/2008

O próximo luns a Concellaría de Cultura de Santiago publicará o censo de entidades que terán dereito a participar como electoras e elixibles no Consello de Compostela Cultura. Este censo provisorio poderá ser consultado no taboleiro de anuncios do Concello no Pazo de Raxoi ou nas webs santiagodecompostela.gal e compostelacultura.org

Ler máis
Compartir: