CULTURA

Máis de 150 películas na XXII edición de Cineuropa

17/10/2008

O festival de cinema Cineuropa, organizado pola Concellería de Cultura, chega en novembro á súa XXII edición, convertindo unha vez máis a Compostela na capital do cine independente, social e de autor. Do 3 de novembro ao 3 de decembro poderemos ver en Santiago máis de 150 películas entre as que estarán os principais premios e filmes mais notorios dos diferentes festivais internacionais celebrados ao longo da tempada.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde retoma as negociacións sobre a estación do AVE

16/10/2008

O martes 21 retomaranse as negociacións sobre a futura estación do AVE co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e coa Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que se desprazará a Madrid para estas conversas.

Ler máis

TURISMO E CULTURA

Comeza a V Edición de Curtocircuíto

16/10/2008

O Teatro Principal acollerá o venres 17, ás 20:30 horas, as primeiras proxeccións da V Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto. O Concurso, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo e a Concellaría de Cultura, abrirá o Programa Oficial coa primeira proxección de curtas internacionais, entres as 20:30 e 22:00 horas, e a primeira de curtas galegas, de 22:30 a 24:00 horas. A entrada é gratuíta.

Ler máis

CULTURA

A exposición itinerante "Encontros diverxentes" chega a Compostela

16/10/2008

Un autobús eiruga de 18 metros de lonxitude alberga a exposición Encontros diverxentes, unha creación colectiva de 47 artistas, alumnos e alumnas da Fundación Igual Arte. Logo dun ano de traballo, podemos atopar dende collage e técnica mixta ata vídeos e instalacións, nunha mostra de creación contemporánea onde a arte é o medio a través do que se poden expresar todo tipo de persoas.

Ler máis

FACENDA

As ordenanzas fiscais para 2009 fixan a conxelación da tarifa do lixo e unha nova taxa para as empresas de telefonía móbil

15/10/2008

Cos votos favorables do grupo de Goberno e o negativo do PP, foron aprobadas nos Pleno municipal as ordenanzas de ingresos públicos para o ano 2009. A taxa máis importante, a do lixo, queda conxelada, mentres que o resto actualízanse segundo o IPC (4,9%), co que a suba real queda establecida nun 3%, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Andrés Fariña. Cómpre lembrar que tamén se producirá unha conxelación da tarifa do transporte urbano.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago aposta polo Turismo de Incentivos

15/10/2008

Turismo de Santiago vai desenvolver unha nova aposta estratéxica polo Turismo de Incentivos, un segmento de mercado con gran potencial de crecemento. O obxectivo do departamento que dirixe Xosé Manuel Iglesias é convertir a Santiago no destino de referencia estatal neste tipo de turismo nas cidades que teñen entre 100.000 e 200.000 habitantes. As actividades desta nova liña estratéxica englobaranse baixo a marca "Santiago Incentívate".

Ler máis
Compartir: