CULTURA
Ana Curra inaugura a nova temporada do Compostela Rock presentando "El acto"
Ana Curra presenta en Santiago El acto o sábado 15 de setembro, a partir das 21:30 horas, na Sala Capitol. Dentro do ciclo Compostela Rock e na súa única data de presentación en Galicia, rescatará en directo o mítico disco que gravou con Parálisis Permanente, peza fundamental para entender a historia do rock español dos últimos 30 anos.
TURISMO E CIDADE HISTÓRICA
Unha nova guía convida os visitantes a descubrir "O Santiago oculto dos peregrinos"
As concelleiras de Cidade Histórica, María Pardo, e de Turismo, Reyes Leis, presentaron unha nova ruta turística baixo o título O Santiago oculto dos peregrinos. Trátase dunha invitación a coñecer aspectos descoñecidos e singulares de 35 lugares da cidade, a través dun plano interactivo en papel ou dunha aplicación para teléfonos móbiles.
ALCALDÍA
O alcalde salienta a "mestría" e o "maxisterio" impartidos por Jesús Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o acto de entrega das Medallas de Ouro da Cidade ao oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, ao que fora coengo e deán emérito da Catedral, Jesús Precedo Lafuente.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comezan as rutas guiadas do programa "Cultura Viva. Fai a túa Compostela"
Mañá sábado comezan as rutas guiadas do programa educativo "Cultura Viva. Fai a túa Compostela", promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. O grupo de persoas participantes nesta primeira saída, co título "Os gremios de Compostela na actualidade", sairá ás 11:00 horas dende o Centro Sociocultural de Conxo, visitando un obradoiro artesán, percorrendo a pé un antigo camiño histórico preto do río Sar, e rematando coa visita a outro...
ECONOMÍA
Ábrese o prazo de inscrición para o Curso de Mercadotecnia e Comunicación para PEMES
A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o Curso de Mercadotecnia e Comunicación para PEMES, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, e que se desenvolverá en tres grupos na primeira quincena de outubro no edificio municipal CERSIA.
CULTURA
Estrea de "Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes" na Zona "C"
A programación do ciclo Teatro&Danza continúa despois da proposta do Circo Acrobático Nacional de Pequín e agora ofrécenos a estrea de Queda terminantemente prohibido sufrir nas paredes. Con textos de Clara Gaio, está dirixida e protagonizada pola propia Gaio, ademais de por Rula Blanco e Rocío González. Representarase en tres funcións na Zona "C" o venres 14 e o sábado 15, ás 20:30 horas, e o domingo ás 19:30 horas. As entradas, a 8 euros, poden mercarse desde na billeteira do Teatro...
XUNTA DE GOBERNO
A Concellería de Participación Cidadá incrementa un 30% a partida para subvencións ás asociacións veciñais
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais correspondentes ao ano 2012, cunha partida total de 72.000 euros. Ademais, adxudicáronse as tres primeiras obras do paquete de actuacións previsto pola Concellería de Barrios.
ALCALDÍA
Concello de Santiago e Paradores coinciden na necesidade de seguir potenciando a captación de turismo internacional
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse en Raxoi coa presidenta de Paradores de Turismo de España, Ángeles Alarcón. Ambos falaron de turismo e, en particular, das accións encamiñadas á captación de visitantes internacionais, cuxa presenza segue a medrar en Compostela.
EDUCACIÓN
Máis de 400 escolares fixeron uso dos servizos de comedor e de madrugadores na primeira xornada do curso
O curso escolar comezou en Santiago con total normalidade. Do mesmo, xeito, sin incidencias, puxéronse en marcha os servizos de comedor e de madrugadores, que neste curso pasou a xestionar o Concello de Santiago.
DEPORTES
A II Marcha Ciclodeportiva Cidade da Cultura homenaxeará a Ezequiel Mosquera
O Multiusos do Sar acolleu a presentación da II Marcha Ciclodeportiva Monte Gaiás-Cidade da Cultura, que se celebrará o domingo 23 de setembro. A proba, organizada polo Club Ciclista Botafumeiro en colaboración co Concello de Santiago e un importante número de patrocinadores, servirá tamén este ano para homenaxear ao ciclista Ezequiel Mosquera.