CONSORCIO
O Consorcio de Santiago realiza melloras na igrexa de Santa Mariña de Verdía, destinadas a atallar os efectos da humidade no templo
A intervención, cuxo orzamento ascende a 40.140 euros, podería estar rematada en poucos meses.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O grupo Os Caníbales leva a Vite o seu show dos 80
A Concellería de Centros Socioculturais ten organizada para este xoves 18 de decembro ás 19.30h a actuación do grupo musical Os Caníbales, co título "unha re-volta aos anos 80". Será no CSC de Vite.
ALCALDÍA
O alcalde asiste ao preestreo de `Códice´, rodada en Santiago
O rexedor compostelán, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu no Teatro Principal ao preestreo da miniserie Códice, que recrea o roubo do Códice Calixtino, acontecido en xullo de 2011.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago de Compostela convida aos cidadáns a doar sangue na campaña "Nadal 2014" promovida polo Centro de Transfusión de Galicia
As unidades móbiles do CTG visitarán ao redor de 130 concellos galegos entre a segunda quincena do mes de decembro e a primeira de xaneiro, para aumentar a participación dos doadores e doadoras
ALCALDÍA
Agustín Hernández amosa o seu apoio ao comercio de proximidade na posta en marcha da campaña de Nadal da zona do Ensanche
O alcalde asistiu esta mañá á presentación da campaña "As túas compras dan luz" xunto co presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández. A iniciativa pretende dinamizar a zona do Ensanche nesta época de Nadal e concienciar aos consumidores sobre a calidade do produto e dos establecementos locais.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca un concurso de fotografía nas redes sociais co nadal como protagonista
O concurso desenvolverase nas redes sociais do Grupo e o prazo de envío de fotografías será ata o 10 de xaneiro. O primeiro premio consiste nunha estancia de dúas noites nun Parador.
CULTURA
A lendaria cantante Joan Baez actuará o próximo 28 de marzo en Compostela dentro do ciclo Sons’15
Será a súa primeira actuación na nosa cidade e nela repasará todos os seus clásicos nun repertorio que fascinou a varias xeracións. As entradas, de 38 a 42 euros, estarán á venta a partir de mañá, mércores 17 de decembro, en Servinova e Abanca ou de xeito presencial en A Reixa Tenda e a billeteira do Teatro Principal.
COMERCIO
Vinte inscritos no programa Embaixadores do barrio de San Pedro, que premia as boas prácticas comerciais
O Concello de Santiago vén de por en marcha o programa Embaixadores do Barrio de San Pedro, co que se busca resaltar as virtudes, beneficios e atractivos do barrio, un lugar para vivir, traballar, emprender, mercar e divertirse a través do seu comercio e hostalería, para así amosar o seu atractivo á veciñanza de San Pedro, de Compostela, e aos seus turistas e visitantes.
ALCALDÍA
A xunta de voceiros acorda por unanimidade conceder o título de fillo adoptivo e medalla de ouro da cidade a Salvador García-Bodaño
A xunta de voceiros acordou por unanimidade conceder ao escritor Salvador García-Bodaño Zunzunegui o título de fillo adoptivo e a medalla de ouro da cidade, na reunión que esta mañá se celebrou na Alcaldía e na que estiveron os voceiros do grupos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno aforrará 1,4 millóns en pagamentos de xuros coa refinanciación do préstamo ICO
A Xunta de Goberno de hoxe, en sesión extraordinaria, vén de aprobar a refinanciación do préstamo ICO que permitirá aforrar 1,4 millóns de euros en pagamentos de xuros nos vindeiros anos da vida do préstamo (en total 8 ata 2022), grazas ao cumprimento do control do déficit e do período de pago a proveedores. O aforro desta ano é de máis de 343.000 euros.