XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local adxudica a renovación da área de xogos infantís do parque Alfredo Vicenti, en Lamas de Abade
A Xunta de Goberno Local acordou adxudicar o contrato de subministración e instalación de elementos novos para a renovación da área de xogos infantís do parque de Alfredo Vicenti, á empresa "Juegos Kompan, SA", por un importe de 77.883,30 euros. Tamén se aprobou o proxecto "estratexia de infraestrutura verde para Santiago de Compostela. Entre Sar e Sarela". Dos acordos adoptados na reunión do executivo municipal deu conta, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
Mañá, 15 de marzo, ábrese o prazo para inscribirse no programa de conciliación de Semana Santa do espazo de lecer María Miramontes, que oferta 73 prazas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o programa de conciliación de Semana Santa 2022 no espazo educativo e de lecer María Miramontes, así como os procedementos de alta e acceso, prazos de inscrición e gratuidade do mesmo. Está destinado a menores de entre 3 a 12 anos, ámbolos dous inclusive. Mañá, 15 de marzo, ábrese o proceso de inscrición, que se pechará o 21 de marzo.
COMERCIO
O Concello de Santiago realizará un estudo de diagnose do Mercado de Abastos
O Concello de Santiago realizará un estudo de diagnose do Mercado de Abastos. Así se acordou na reunión que esta tarde mantivo o alcalde de Santigo, Xosé Sánchez Bugallo, con representantes de ASUCA e da Cooperativa do Mercado de Abastos. No encontro tamén estaban presentes os concelleiros de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón; e o responsable de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
COMERCIO
55 establecementos xa se adheriron ao programa Bonos Corazón Concheiros
Dende que se abrira o prazo o pasado martes, xa son 55 os establecementos adheridos ao programa de incentivación do consumo Bonos Corazón Concheiros: 46 comercios e 9 negocios de hostalería. O prazo para inscribirse permanece aberto durante o tempo de vixencia dos bonos, ata o 31 de maio.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O programa Apego supera as 600 familias inscritas no concello de Santiago
O programa Apego, que desenvolve o departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago en colaboración con outros municipios galegos, acaba de superar, en Compostela, as 600 familias inscritas. Dirixido á primeira infancia, a menores de entre 0 e 6 anos e ás súas familias, ten como obxectivo incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial, así como promover que o usen de maneira habitual.
DEPORTES
Mañá abrirase o prazo de inscrición para a VI edición da carreira nocturna SantYaGo 10K
A partir de mañá, día 12 de marzo, todas aquelas persoas intersadas poderán inscribirse para participar na carreira nocturna SantYaGo 10 K que se celebrará o día 30 de abril ás 22:00 horas. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída en San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con máis do 50% do seu...
COMERCIO
Aberto o prazo para solicitar os Bonos Corazón Concheiros
Xa está aberto o prazo para que os consumidores/as poidan solicitar os bonos Corazón Concheiros, unha iniciativa do Concello de Santiago que ten por obxectivo incentivar a actividade económica mediante o cofinanciamento de bonos para o consumo no comercio e na hostalería local na contorna da rúa dos Concheiros. Poderanse adquirir bonos por valor de 75, 50 e 30 euros, que estarán cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante e poderán ser utilizados ata o 31 de maio.
CIDADES PATRIMONIO
Santiago participa no seminario "A xestión das Cidades Españolas Patrimonio Mundial"
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade organiza este encontro en Salamanca no que queren reflexionar sobre a sostenibilidade e a resiliencia destes destinos turísticos trala pandemia.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España traslada o seu apoio inquebrantable á poboación de Ucraína e pide o restablecemento da paz
O presidente do Grupo e alcalde de Salamanca, Carlos García Carbayo, leu onte a declaración institucional, en nome de todos os alcaldes e alcaldesas do Grupo, na que tamén reclaman o respecto ao patrimonio histórico de Ucraína.
DEPORTES
Máis de 250 judokas daranse cita esta fin de semana no XIV Trofeo de Judo Cidade de Santiago
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, acompañada por Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, e Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club. presentaron esta mañá en rolda de prensa o XIV Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá a 261 judokas de España e Portugal esta fin de semana en Compostela.