ALCALDÍA
O Concello de Santiago entrega os seus títulos, honras e condecoracións a título póstumo
O Concello de Santiago fixo entrega esta tarde dos seus títulos, honras e condecoracións a título póstumo. Foi nun emotivo acto celebrado no Auditorio de Galicia, no que participaron activamente as familias e amizades das persoas homenaxeadas. Ademais, dende hoxe, a xornalista Begoña Caamaño dálle nome ao parque próximo ao Centro Sociocultural das Fontiñas.
PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio fixan como reto en 2019 a comercialización común da súa oferta cultural
A cidade de La Laguna é a sede da celebración das xornadas "Uso e xestión da paisaxe urbana histórica nas Cidades Patrimonio Mundial", que organizan conxuntamente o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o Ministerio de Cultura e Deporte e o Concello lagunero.
EMPREGO E MEDIO RURAL
O alumnado do obradoiro de emprego CREAS recupera a finca municipal de Pedra Castro
O alumnado do obradoiro de emprego dual CREAS, impulsado polo Concello de Santiago en colaboración co de Ames, xa está a traballar na repoboación forestal da finca de Pedra Castro, en Santa Cristina de Fecha. Hoxe, as persoas que participan na formación recibiron a visita da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; do edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, e da concelleira de Promoción Económica de Ames, Isabel González.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este sábado en Fuengirola (Málaga).
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto homenaxe a Castelao na Cidade da Cultura coas entradas xa esgotadas
A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer un concerto homenaxe a Castelao na Cidade da Cultura. A cita terá lugar este xoves, 17 de xaneiro, no Museo Centro Gaiás, ás 20:00 horas. A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel, que deseñou un programa especial como actividade complementaria á exposición Castelao maxistral, unha escolma musical que permitirá aos asistentes facer un percorrido pola música da época do intelectual galeguista e polos diferentes lugares nos que viviu...
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local prevé licitar no primeiro trimestre do ano as obras da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno deu conta hoxe do convenio asinado coa Deputación da Coruña para o cofinanciamento das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas de Galeras. A actuación custará algo máis de 250.000 euros, dos que 200.000 serán achegados polo organismo provincial.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Este luns comezan as obras para eliminar o punto negro de asolagamentos na rúa de Frei Rosendo Salvado
Este vindeiro luns comezarán as obras para mellorar a drenaxe na rúa de Frei Rosendo Salvado, un dos puntos negros de asolagamentos detectados polo Concello. A actuación suporá un investimento de case 50.000 euros e ten un prazo de execución dun mes.
TURISMO E PATRIMONIO
As Cidades Patrimonio inician a súa promoción de 2019 na feira Vakantiebeurs de Utrecht (Holanda)
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España participan esta semana na feira de turismo Vakantiebeurs 2019, que se celebra na cidade holandesa de Utrecht do 9 ao 13 de xaneiro nas instalacións do recinto feiral Royal Dutch Jaarbeus. Neste evento, de grande importancia para o mercado holandés e principalmente destinado a público final, participan os principais destinos, empresas e profesionais do sector.
CONSORCIO
O Consorcio organiza visitas guiadas á cámara escura da Casa do Cabido este venres e durante a fin de semana
O Consorcio de Santiago vai celebrar esta fin de semana unhas xornadas de portas abertas para coñecer a cámara escura da Casa do Cabido, na praza das Praterías. É unha iniciativa dirixida a toda a cidadanía e visitantes, en particular aos máis pequenos e pequenas da casa. Un fotógrafo será o encargado de realizar estas visitas guiadas, que permitirán aos/ás asistentes achegarse á física e ao principio da fotografía.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concello e Deputación estudan vías de colaboración en materia de políticas sociais
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, reuniuse coa deputada provincial Ánxela Franco para analizar as diferentes liñas nas que se pode colaborar entre as dúas institucións nun futuro e así integralas dentro do Plan de Acción da Deputación.